Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (3)

viernes, 05 de abril de 2024
San Martín Dumiense.
O apóstolo dos suevos (da Gallaecia).

Naquela época había diferentes correntes evanxelizadoras dentro do cristianismo, que convivían cos pagáns; dentro do cristianismo habíaos que eran partidarios do ¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (3)arrianismo; outros galegos, xa romanizados, seguían a teoría de Prisciliano. Nisto chegou a Galicia San Martín Dumiense. Este San Martín está ligado ao de "Tours" pola figura do rei Carriarico.

Segundo a narración do historiador da Igrexa Gregorio de Tours (538-594), Carriarico (rei de Galicia entre os anos 550 e 559), tiña un fillo que sufría lepra, e oíndo da fama "milagreira" de San Martín de Tours -evanxelizador en Francia, que compartiu o seu manto cun mendigo-, enviou unha comitiva con presentes e tesouros ao sepulcro do santo, e ademais construíu unha igrexa en Ourense en loanza, que logo sería a catedral única en España dedicada a San Martín de Tours, San Martiño, como se lle chama cariñosamente en Ourense, patrón da cidade.

Pero o seu fillo seguía sen sandar, e entón preguntou que diferencia había entre a relixión súa e a do santo, xa que el actuara con gran devoción. Explicáronllo, e entón comprendeu, e abandonou o arrianismo, para facerse católico, sandando así o seu fillo.

Na Catedral de Ourense
É agora cando enlazamos con San Martín Dumiense, que chegou gracias aos enviados de Carriarico. O sobrenome de "Dumiense" venlle pola sede de Dumio, ese Mosteiro de Braga.

Evanxelizou totalmente Galicia e ata conseguiu a conversión da familia real.

Membro dunha importante familia romana da antiga provincia de Panonia (actual Hungría), ingresou pronto no clero e xa de mozo trasladouse a Palestina para visitar os Santos Lugares. Alí residiu durante varios años e entrou en contacto co florecente movemento monástico que se desenrolaba nas montañas de Xudea.

Gallaecia
Sen coñecerse exactamente a razón, tal vez por tratarse Gallaecia dun reino cristián independente de Roma pero fora do catolicismo, decidiu trasladarse ao Reino dos suevos -ao que en principio se refire como Finis Terrae-, cuxa clase dirixente era en gran parte arriana.

As circunstancias desta decisión varían segundo os eruditos: desde a petición de peregrinos hispanos, a petición dalgún eclesiástico bizantino, ou por iniciativa propia, para aproveitar o retorno dunha delegación sueva enviada a Tours. Ferreiro pensa que, tendo sido Panonia patria dos suevos, desexou converter aos seus irmáns de etnia, que eran aquela arrianos, e o mesmo lle tería ocorrido ao tamén panonio, e por tanto compatriota e homónimo, Martín de Tours.

Na súa viaxe pasa algún tempo nas Galias e chegou á Gallaecia en torno ao 550. Daquela a antiga cidade romana de Bracara Augusta (a actual Braga, en Portugal), capital da provincia romana de Gallaecia, pasou a converterse na capital do reino suevo; nada máis chegar, interveu na conversión do rei Charrarico ou Carriarico e, segundo Gregorio de Tours, fonte primaria e única para o seu reinado, conseguiuno porque o seu fillo enfermou de lepra e o rei mandou traer algunhas reliquias do San Martín de Tours, co que se curou; o rei, e todo o seu reino, abandonaron o arrianismo, converténdose ao catolicismo sobre o ano 550.
...
¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (3)
Non se pode, non se debe ir a Dume, sen visitar Braga; e desde Braga compre un bo ensaio para subir as escaleiras do Ceo achegándose ao Bom Jesús do Monte; alí prescindamos do seu elevador, atufándonos a pé, cos seus 600 chanzos, que ademais evocan o Calvario, con capelas.
...

Traballou varios años como presbítero e como monxe; fundou un mosteiro en Dumio, cerca da capital do reino Bracara Augusta, xunto á igrexa que, trala súa conversión ao catolicismo, o rei suevo Carriarico dedicara a san Martín de Tours para acoller as súas reliquias, introducindo o culto do santo en Galicia e nomeándoo ademais beatus patronus. Pero a introdución do catolicismo en Galicia é unha cuestión controvertida: para algúns o primeiro dos reis que abandonaron o arrianismo polo catolicismo foi Teodomiro; pero tamén sería Martín de Braga o artífice da súa conversión.
Pronto o mosteiro de Dumio se converteu no principal centro de difusión da cultura e da espiritualidade cristiá de orixe oriental no norte da Península Ibérica xa que os seus monxes tiñan encomendada a copia dos códices, moitos deles posiblemente traídos polo mesmo san Martín, de Oriente.

Pouco tempo despois, Lucrecio, arcebispo de Braga, creou a diocese de Dumio en torno ao mosteiro, e consagrou a Martín como o seu primeiro bispo, en torno ao 556.
A influencia de Martín ante a corte sueva foi moi grande e logrou que o rei Teodomiro abxurase do arrianismo e fose bautizado católico no 560, atraendo con el á maior parte dos suevos, regularizando a situación do cristianismo a través dos dous concilios de Braga.
...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES