Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (12)
Blanco Prado, José Manuel - martes, 02 de abril de 2024
XII. Parroquia: Ronce, San Pedro de.
Achegámonos a estas cruces por medio dunha estrada local que parte da estrada LU-546.
1. Cruz da entrada ao Cemiterio antigo.
Coordenadas U.T.M. X: 629.359 Y: 4.744.205
Sobre un dintel de cantería, situado por riba da porta de entrada ao cemiterio, erguese unha estrutura de cantería cunha forma semellante a un arco apuntado, que serve de soporte á cruz de cantería. Esta, de forma latina, amosa unha sección cuadrangular nos extremos dos brazos e oitavada no resto; ademaís, os extremos dos brazos e da cabeceira amosan un tipo de cruz potenzada.
2. Cruz do Adro da Igrexa.
Coordenadas U.T.M. X: 629. 357 Y: 4.744. 199.
No interior do cemiterio consérvase unha cruz de cantería, situada por riba do muro que delimita o adro-cemiterio antiguo do exterior. A cruz posúe dous corpos: o inferior, que corresponde a unha base, que mostra elementos moldurados: filetes, moldura cóncava-convexa; e, tamén, un tramo paralelepípedo. E o superior, que é a cruz propiamente dita, que amosa unha sección cuadrangular nos extremos do brazo transversal e na cabeceira do brazo lonxitudinal, e oitavada no resto; así mesmo, os extremos do brazo transversal e e a cabeceira da cruz presenta unha forma de cruz florenzada. É moi probable que sexa un resto dun antiguo Viacrucis.
3. Cruz da entrada ao cemiterio moderno
Coordenadas U.T.M. X: 629.317 Y: 4.744.556.
Trátase dunha cruz de cemento, situada por riba do dintel da entrada ao cemiterio actual. A cruz, latina, amosa unha pequena plataforma de cemento, composta por tres chanzos; sobre esta, erguese unha cruz latina, de sección cuadrangular en ambos os dous brazos, mostrando os extremos do brazo transversal e o extremo superior do brazo lonxitudinal unha forma de cruz apuntada.

Blanco Prado, José Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora