Célula fundamental
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 04 de abril de 2024
Do mesmo xeito que non pode haber vida biolóxica sen células, tampouco pode haber sociedade sen familia.
A familia é a célula básica da sociedade.
A familia é ese lugar sagrado no que vimos ó mundo froito do amor dos nosos proxenitores.
A familia é un misterio de amor.
Por amor únense dúas persoas para formar unha familia.
Por amor veñen os fillos biolóxicos ou adoptados.
Por amor críase a descendencia con todo o mellor que se lles pode ofrecer: educación, estudios, bos exemplos...
Por amor faise o que faga falta pola familia.
Os vínculos do sangue son moi fortes.
DA SAÚDE DA FAMILIA DEPENDE A SOCIEDADE
Se a familia goza de boa saúde, os problemas vanse solventando da mellor maneira posible.
Se a familia está enfema...
¿Qué se pode esperar da sociedade?
A sociedade mantense grazas ás familias que gozan de boa saúde.
A súde física e mental das familias é moi importante; pero tamén hai campos que son fiundamentais.
O campo da fidelidade é dos máis importantes.
O campo do cariño é unha vitamina indispensable na vida de familia.
O campo da comprensión non pode faltar.
O campo do perdón é necesario a todas horas.
O campo da paciencia é unha ferramenta insustituible, porque a paciencia alcanza todo.
O campo da cooperación é básico.
Con saúde e ganas de dar o mellor de nós mesmos, xa estamos aportando moito á vida familiar en particular e á sociedade en xeral.
A saúde mental que non falte nunca.
Sen ela non podemos rexir os destinos da familia nin os propios.
A fidelidade: na saúde, na enfermidade, nos momentos escuros e nos días nublados é un piar que nunca pode fallar na vida familiar.
En caso contrario xa deixa de ser familia.
O cariño pon solución a moitos problemas, os problemas envoltos en cariño son máis levadeiros.
Comprensión, empatía, poñerse no lugar do outro axuda a resolver moitas situacións delicadas.
A PERFECCIÓN NOS HUMANOS NON EXISTE.
Somos imperfectos, todos precisamos ser comprendidos.
No tocante ó perdón, a Sagrada Biblia dinos que temos que predoar setenta veces sete.
O perdón permítenos empezar de novo.
A santa paciencia todo o alcanza, di Santa Teresa.
Para que a familia funcione temos que armarnos de tanta paciencia como a do santo Xob, porque hai momentos que así o esixen.
A FAMILIA É UNHA ESCOLA DE APRENDIZAXE NA QUE HAI QUE ESTAR APRENDENDO SEMPRE.
O campo da cooperación nos mundos que vivimos vai collendo xeito.
A división de roles no fogar xa non é a que era noutros tempos.
As novas xeracións vanse abrindo novas formas de convivencia.
Os tempos cambian e as persoas tamén.
CAMBIARON MOITAS COUSAS
A incorporación da muller ó estudio e ó mundo laboral é unha realidade que xa ninguén pon en dúbida.
Pero esto tamén ten un prezo: moitas mulleres teñen que multiplicarse e moitos homes, tamén.
A muller xa non é a única chave da casa.
Cada membro da familia debe responsabilizarse da parcela que lle corresponde con rigor e disciplina.
Cómpre unha adaptación ós tempos que nos toca vivir para compaxinar os valores de antes cos de agora.
CÓMPRE RECUPERAR O RESPECTO E A AUTORIDADE.
Os proxenitores con relación á descendencia teñen autoridade por lei natural.
Entre os ascendentes e os descendentes hai unha ou varias xeracións.
Para levar a bo porto a barca familiar necesítanse respecto a autoridade.
Tamén os docentes sobre os discentes teñen autoridade propia coa que debe colaborar a familia para favorecer a boa educación da rapacería.
Colaboración: canta máis mellor; interferencias: non.
Igualmente os superiores merecen respecto e agradecemento porque son os que levan o peso de sociedade sobre as súas costas.
CARIÑO E TENRURA: SÍ, CONSENTIMENTO: NON.
Se tratamos con cariño e tenrura, estamos educando para o amor.
Se consentimos estamos creando problemas para o futuro.
Unha sociedade sólida precisa familias con base sólida.
Moitas familias pénsano así.
"AGORA É O MOMENTO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora