Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O silencio dos bancos

lunes, 30 de marzo de 2009
Sobre economía falan os políticos, os técnicos, os sindicatos, os particulares, pero uns dos máis directamente interesados -Bancos e Caxias de Aforros- non se prodigan en aparicións públicas, manifestacións e moito menos debates.

Cando se fala de bancos con problemas, de Caixas con dificultades, os particulares contemos a respiración, e os interesados máis todos os que teñen arredor gardan silencio. Ninguén di nada, como non querendo saber.

Non hai moito tempo, sóubose que en Galicia había arredor de catrocentos afectados polo fondo inmobiliario Santander Banif que pretendía unha "liquidación ordenada dos seus activos" polo que suspendeu temporalmente os reembolsos. O parón pode ser de arredor de dous anos, comprensible desde o punto de vista do non afectado, diante dunha situación que altera radicalmente o valor dos inmobles. Pero desde o vista dos afectados é dunha grande intranquilidade. Pois a publicidade do Banco sigue adiante para unha captación de clientes que cabe supoñer normal se a entidade prosigue o seu funcionamento. De todas formas soa raro escoitar nas emisoras comerciais cada mañá as “Noticias do Santander”, que nunca se refiren a temas problemáticos e si á inmensa cantidade de cretos concedidos nos últimos tempos.

Non hai moito tempo, o Vicepresidente segundo do Gobernó e Ministro de Hacienda, Sr. Solbes, aparecía sorrinte nas fotos da prensa co presidente do BBVA, afirmando que pode haber intervención aínda que non nacionalización nalgunhas entidades financieiras españolas, feito que a primeira autoridade do BBVa considerou inevitable. E de repente, esta fin de semana, atopámonos co problema da Caixa de Castilla-La Mancha, a primeira. Suponse que non a única.

Pero non se fala claro. Ou non se fala abondo. Fannos ler entre liñas e supoñer situacións a falta de información. Porque a información clara, cando se trata de temas económicos, pode orixinar traxedias. Os silencios, de lobos ou de ovellas, non significan o mesmo. Ata agora, os bancos foron os lobos para a xente. Que falen. Pero que non agarden comprensión ou simpatía dos que nunca simpatía ou comprensión atoparon nas épocas douradas dos bancarios boiantes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES