Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Venres Santo

viernes, 29 de marzo de 2024
Herodes matou ós inocentes
porque quería acabar con Xesús
por medo a que o destronara.
(E non puido).

Pero, despois, foron os sumos sacerdotes
-Anás e Caifás-
o Sanedrín ó completo
e tamén Poncio Pilato
os que se subiron ó carro pra condenalo
no xuizo máis inxusto da Historia.

Que locuras cometera
e cales eran os delitos
polos que o levaron á Cruz?

Segundo contan ox evanxelistas,
todo foi...

Por pasar pola vida facendo o ben.
Por defender a unha muller adúltera.
Por defender á Magdalena.
Por sandar enfermos en sábado.
Por dicir que que ante os feridos
nos camiños da vida
non poden pasar sen deterse
nin cregos nin levitas,
nin xudeos nin católicos,
nin protestantes nin musulmáns,
nin tampouco os ateos...
Por expulsar do templo
ós traficantes tramposos.
Por chamarlles 'guías cegos'
e 'raza de víboras' ós fariseos.
Por resucitar ó seu amigo Lázaro.
Por dicir que El era o fillo de Deus.

'Blasfemou', dixeron.
'Hai perigo de que crean nel'.
'Hai que acabar con El'.

Por todo iso...
Xesús -o Mestre sen Master-
foi cravado na Cruz
coma se fora un malvado malfeitor.

Entón eu preguntei:
Por qué, Señor, permites que te maten?
Por qué, submiso, subes ó Calvario?
Por qué sofren tanto... tantos xustos e inocentes?
Por qué morre tan axiña a xente boa
mentres duran e perduran os malvados?

E, ó pedirle explicacións sobre o misterio da morte,
acordeime de que as Escrituras aseguran que
'se o grao de trigo non morre nunca dará froito'.
E que, pra vivir... hai que morrer.
Silva, Manuel
Silva, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES