Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

VILAGARCIA, 25 M

martes, 03 de junio de 2003
Despois dunha semana das eleccións municipais e en vista dos resultados, o pobo soberano comunicoulle ao Sr. Alcalde que hai outra forma de gobernar, que existe outro talante de facer política municipal. O pobo nas urnas dou unha mensaxe moi sinxelo que o podemos traducir en un: ¡basta xa de maiorías absolutas, e facer unha política progresista dun carallo dunha vez!.
O avance cuantitativo do BNG e IU en Vilagarcia non foi por casualidade nin por causas desa traxedia ecolóxica máis grave da historia de España chamada “Chapapote” e maila “Guerra” , xa que en esa mesma loita estivo o PSOE e pouco ou nada puído influír na perda da maioría absoluta do PSOE. O do Prestige influieu a nivel de Galicia, xa que a perda de votos do PP foi de catro puntos, a oposición do PSOE e mailo BNG foi de 777.948 fronte a 695.540 do PP. E isto quere dicir que esta oposición ao PP están condenados entenderse para nun futuro non moi afastado traer un goberno de progreso a Galicia, se isto no é desta maneira, ¡apaga e ímonos para o carallo!.
Nestes últimos anos de goberno Socialista en Vilagarcia estívose facendo unha política conservadora con talante de prepotencia e algunhas veces favorecendo a quen tiña leiras a render, estou a falar do PXOU onde algunhas veces convertíanse en Plans Parciais á medida dalgún constructor. Estívose primando moito máis ao privado que ao social apoiando políticas conservadoras que nada ou pouco tiñan que ver con goberno socialista, onde nesta derradeira lexislatura o Sr. Alcalde pouquiño oposición tivo por parte do PP. ¿Puído ser que o Sr. Gago lle comera ese espacio político?. Se esto foi así, o 25 M os votantes lle pasaron factura. Tamén suma nesa factura, a prepotencia e desprezo que tivo cos Concelleiros do BNG apartándoos de toda vida política (Conselleiros da Autoridade Portuaria etc.) relengandoos nos plenos a simples oíntes onde na teoría eran e son os seus aliados naturais, como sempre e agora é IU. Coido que tamén algo tivo que ver esa política da área de comunicación do Concello tendenciosa e manipulada ata uns extremos de fundamentalismo relixioso por parte do responsable desa función. Tamén pesou moito á hora de decidi-lo voto o gran soldo que se puxo o Sr. Alcalde, iso co tempo págase. Non todo foi negativo para o Sr. Gago, tamén tivo algo positivo e iso foi referendado nas urnas xa que foi o máis votado e iso tamén témolo que ter en conta, o pobo lle dixo: vas ser Alcalde pero fiscalizado.
Lle digo ao Sr. Gago, sen acritude ningunha, que de cando en vez se faga a pregunta seguinte ¿Qué mal estaría facendo eu, cando os meus adversarios políticos do PP non se me votaron ás costas en toda esta pasada lexislatura?. Esta é a pregunta do millón.
Os que nos consideramos demócratas e progresistas agardamos que a decisión que tome nestes intres o Sr. Gago como Alcalde e mailo partido que o sustenta, tome un camiño que non sexa ao marxe da vontade do pobo. É esa realidade o dixeron nas urnas os votantes, ir contra esa realidade págase co tempo, o contrario é “ir ao cortello e matalas todas” e isto o digo tamén en clave futura de Galicia.

Vilaxoán, 30-V-2003
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES