Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 29 de marzo de 2024
Un berro silandeiro

Unha liña recta por un soño que se enrodela. Un soño que se enlea coa diferenza ficticia ou real. Unha luz amarela demasiado tenue. Un corpo que se cimbra, que se dobrega. Un instante que aloumiña no silencio. Un silencio que racha ante un berro curto pero seco.
Un berro silandeiro.
Unha melena que colga. Un tema musical que soa. Unha imaxinación que aboia. Un mar de desexo que vai e vén, e volve ir Pingas de Orballoe vir polo soño eterno e cada vez máis enrolado. Unha circunferencia que roda e, dentro, metido un triángulo. Un triángulo cos tres vértices esenciais: ansia, gozo e vida. Baixo un berro silandeiro.
A fantasía percorre, bico a bico, o corpo que cimbra e culmina a subida ó monte Everest cun goce silandeiro para que ninguén escoite o berro que sae, que brota, que rebenta o peito.
Un berro silandeiro.
A ficción dálle paso á realidade na que, o sol, coa súa claridade, cega; na que, o tempo, co seu correr, voa; na que, a luz, coa súa penumbra, emociona; na que, a felicidade, na súa realidade, é coma a bulla do mar: marabillosa, melancólica, emotiva.
Unha liña recta por un campo de minas que non estouran. Unha penumbra que atrae. Atraer é igual a facer un corpo que outros corpos tiren cara a el. Un corpo que se dobra. Un silencio no que a realidade e a fantasía se enlean, se xuntan, se atraen para que, pouco a pouco, o barullo se volva gozo, afliximento deica rematar nun berro silandeiro.
Unha liña curva que esgaza o nobelo dos soños. Un tempo que foi. Un conto que se contou. Unha fin que chegou.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES