Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En lembranza de Caldaloba e dona Constanza de Castro

miércoles, 27 de marzo de 2024
Hai cincocentos trinta e oito anos, alá polo remate do 1484 ou comezo do 1485, cando houbo que envelenar as augas do pozo de Caldaloba para matar aos defensores da torre, entre eles, a dona Constanza de Castro, que fora quen decidira meterse nela, e así acabar co cerco á torre. E foi ela tamén quen lles mandou aos Reis de Castela unha mensaxe para que souberan que en Galiza tamén había mulleres valentes, que non se arredaban ante o avasalamento da chamada «pacificación». Sangue vello, celta, que se alporiza polas veas e se ergue ante as inxustizas. E tanto foi así que, despois dun longo ano de resistencia na torre, tiveron que envelenarlles as augas para poderen rendilos. Desde entón, Galiza quedou ás ordes dos Reis Católicos e Caldaloba ficou orfa, tristenta e soa. Mais na Chaira vilalbesa aínda resoan os ecos dos bolaños e os asubíos das setas que non foron capaces de dobregar aos defensores cunha muller ao mando da rebeldía. Caldaloba dende entón erixiuse nunha torre emblemática de loita, resistencia e morte, a mesma bandeira que envolveu a dona Constanza de Castro o tempo que estivo alí dentro: «Por iso din que nas noites de inverno / se oe o laio dunha dona / na triste canción do vento. / É o de Constanza de Castro, / quen, con Ares de Saavedra, / caera na acometida / desta acirrada contenda, / pois viña de Mondoñedo / escapando da coitela / que lle cortara a cabeza / a seu pai, Pardo de Cela», deixou escrito Rábade Paredes con letras eternas neste ceo neboento que cubre, as máis das veces, a este vello Reino, que se chama Galiza.
Meilán García, Antón X.
Meilán García, Antón X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES