Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Banalidade do mal na casa ferida

viernes, 29 de marzo de 2024
En 1.961 Hannah Arendt asistíu ao xuízo contra o nazi Adolf Heichmann. O fiscal retratouno como un monstro ao servizo dun réxime criminal. Para a filósofa era un ser humano absolutamente normal. ¿Teriamos feito o mesmo na mesma situación? O mal pode ser obra de xente corrente que se deixa levar pola ideoloxía dominante. Despreocupados das consecuencias dos seus actos. Disposta a cumplir ordes. E a calar.

A esas persoas que non cuestionan nada non se lles pode perdoar, di. Son cómplices culpables. "¿Onde está a xente boa cando pasan cousas malas?", preguntaba G. Orwell. Aquel nazismo e todos os fascismos, ensinan que cando ocorren cousas moi malas, a maioría de nós cala. E co silencio multiplicamos o mal.

Só catro anos máis tarde, en 1965, o novelista Horst Kruger, asistíu aos xuízos de Auschwitz, en Frankfurt. No centenario do nacemento do escritor, reeditouse a súa novela 'La casa herida', fundamental nas letras alemanas das posguerra. Estremecedor documento histórico sobre o pasado nazi que non se pode esquecer. E perfecta radiografía duns alemanes inocuos que nunca foron nazis pero, sen eles, os nazis nunca terían feito o seu traballo.

O libro remove conciencias. Un pouco de luz fronte a pasividade cómplice diante da ideoloxía inhumana de Hitler. Nunha sociedade nin a favor nin en contra, o apoliticismo alimenta a besta cando o horror disfrázase do cotiá. Cando non quere ver, nin oír, nin xulgar. Refuxiados na comodidade da obediencia calada e das rutinas.

A maioría dos nazis era xente normal. Amaban con tenrura aos fillos. Cantaban xuntos panxoliñas diante da árbore de Nadal. E, nunha intimidade cargada de bos sentimentos, intercambiaban agasallos. Vida cotiá parede con parede coa traxedia. Cegas formigas que se negaban a ver. Alemaña nazi ou a casa ferida.

Nos xuízos de Auschwitz desfilaron homiños grises pero ben capaces de cometer actos da maior crueldade. E, desnazificados, retornaban ás vidas de bos, anónimos cidadáns. Sentado no fondo da sala H. Kruger non era quen de distinguir fiscais de acusados, xente que mirou con sorpresa o ascenso nazi. Sen eles o nazismo non tería realizado a súa infamia. Esa ideoloxía tóxica, filla do fascismo, credo maldito que prometía o walhalla e acabou creando o inferno.

Nada hai no libro da parafernalia excesiva, cruces gamadas, desfiles con antorchas. Polas páxinas desfilan sensatos traballadores abducidos, cidadás seducidas por un mesías diabólico. Envelenados de resentimento nacionalista e delirios de grandeza. Lúcida radiografía dunha clase social inocua, sen maldade consciente, protagonistas pasivos da infamia.

Hannah Arendt resumíu aquela barbarie en tres palabras, banalidade do mal. Horst Kruger, nun libro de desasosegante actualidade, 'La casa herida'.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES