Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia de xénero (11)

viernes, 22 de marzo de 2024
Dolores

O meu Tiroliro é un galo, que me galea cantando!
¡Nunca me saltou na pluma, nin o deixo saltar!
En cambio o teu apaño é..., ¡unha Fulana pintarraxada,
desas que tiran a matar!

Manuel

Para sabelo de certo, e que o Xurado non se chame a engano,
esixo que comparezan e que declaren os nosos rivais,
ámbolos dous,
pero,
sen caretas, dicindo a verdade, a cal máis!

Dolores:

Neste caso, agarden, para que lles dea o enderezo
desas granxas das Ribeiras do Lea...

Saca un papel do peto, e dállelo:

Vaian cara ao Norte, pois os galos do Sur, os de Chamoso,
como é mellor clima, igual están saídos,
e cacarexan o que non ten amaño...,
o que lles diga o diaño, que é outro galo!

Aos poucos traen un galo nun cesto dos da feira;
a Pascua segue na súa peaña, coa apuntadora detrás.

Dolores:

Mira, Manuel aquí o tes,
¡aquí está o teu rival!
E xa que de min dubidaches vou esclarecer a verdade:
Cando che notaba demoras,
eu demoraba máis aínda dicíndoche,
para que non che dese vergoña,
que xa me galeara o señor Tiroliro,
aquela noite coma todas!
Fíxeno por caridade, e tamén por coqueta,
pois a min os galos, nada,
nin sequera co pico;
eu son do teu poleiro...,
por mal que cacarexes!
Como ves, inocencia absoluta;
o que se di, impoluta!

Manuel, dirixíndose ao Tribunal:

Polo si ou polo non,
esixo unha Sentenza firme para este galo presumido,
aínda que so sexa por presumir...,
do que nunca fixo!
¡Colgado dunha corda,
que é como deben acabar aqueles que presumen de montar
en besta allea...,
aínda que non o fagan,
aínda que non a teñan!

No Xurado fan que discuten, e despois o seu Portavoz anuncia que o condenan ao pucheiro..., por presumido, máxime en tempos de crise. Preséntase un Notario para le-lo Testamento do Galo:

Notario:

Ben mantido e ben cebado si que foi este Galo,
e ten por único pecado o de presumir que se amancebaba
coa Dolores,
outra presumida!
Escoitáballe os seus pesares, desde o serán á madrugada.
Sempre cantou, sempre, para esperta-lo amo,
pero este conainas do Manuel coma se nada,
que nin de esperto a abrazaba!

Vai morrer de morte matada..., só por asumir culpas alleas,
e de paso, para que as tripas deste Xurado estean cheas!
Como últimas vontades, isto é o que vos manda:
O seu pico,
¡Pico de Ouro, que así lle chamaba esta Dolores!,
quédavos no museo de Bolaño...,
para que o lembredes de hoxe nun ano...,
que volve a ser Pascua,
outra Pascua sen foleadas!
A súa crista vailles ben aos descerebrados,
a eses que falan mal das súas mulleres
cando outros homes están diante,
esquecéndose de que as tiveron na cama!

Coas uñas que fagan caldo cando se lles afrouxe a...,
a pensión!
Nunca para que se poñan de uñas
se perden as eleccións!

O seu Quiquiriquí quédalles aos músicos
do Zuncurrundullo,
para que fagan pasarrúas, alboradas e muiñeiras...,
tan ben que o saben facer!

De todo o antedito, eu, como Notario, dou fe.

Meten ao galo nunha pota grande, destapada, por suposto, e fan que o levan para a cociña. Seguidamente adiantan a moneca da Pascua; fala por ela a rapaza que está ás súas costas:

Trondea:

Este home, nos seus soños de concupiscencia,
lembrouse de min,
desairado e desencantado da propia muller!
E como esas da Tele non se poden palpar,
¡de lonxe se entende!,
el deu en matinar, en soñar, en imaxinar...
e daquela levoume a un piso,
¡iso é certo!,
e poñíase diante de min facendo o simulacro dun parrafeo.
Eu non lle podía contestar,
pero el estaba afeito,
que tampouco lle contestaba a súa propia muller.
Cando a consorte se lle poñía de morros
el ía morrear comigo, cubríndome de bicos,
que por algo son a súa moneca.
Daquela falábame dos seus quereres malogrados,
das súas lembranzas, dos seus desenganos...;
en definitiva, do seu desespero porque eu non fose de carne
e osos!
Señores do Xurado,
todo isto son amores platónicos,
pois o que é outra cousa, cunha moneca, por pintada que estea,
por ben feita que sexa...,
secura absoluta;
¡nin gota!
Isto é o que lles pasa aos homes
desairados das súas mulleres, casadas ou solteiras:
¡Que se namoran das ficcións,
das monecas,
así sexan de cartón, así sexan de pedra;
¡de pedra ou de pólvora!
Veñen a nós, coma quen vai a unha gueixa...,
para contarnos as súas penas!
¿Daquela, onde está o pecado, onde pequei,
acaso en consolar ao desconsolado...,
ou tan só por ter os labios pintados!

Os do Xurado, varios, ao unísono:

O pecado empeza nos pensamentos...,
e Manuel matinaba en ti, coma quen fala cun espello,
lembrando as que deixou pasar diante súa
por caer nas tentacións da súa Eva, da súa Dolores...,
que ben llos deu, máis dores que praceres!

Como non está ben iso de hipnotiza-los homes,
e coas da Tele non podemos,
¡imos queimarte, aquí en público,
aínda que só sexa para facer un escarmento!
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES