Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia de xénero (10)

martes, 19 de marzo de 2024
Manuel:

De homes ben plantados é cousa natural...,
¡dous diarios!
Pero desviación sexual, estando ben servida,
é deixarse galear...,
por outro galo do propio curral!

Fan que se pegan e sepáraos Xavier:

Polo que indican...,
¿queren ou vanse divorciar?
Daquela vou reuni-lo Xulgado,
pois en Castroverde queremos paz,
maiormente conxugal!

Diríxese ao público, buscando aos do Xurado:

A ver, rapaces, reúnase o Xurado,
e que presida o máis vello deste lugar.

Vanse achegando os aludidos. El advírteos:

Quérovos imparciais,
que imos deixar estes Predicadores da pé ou dacabalo,
pero ámbolos dous iguais,
sen violencias,
e non como chegaron!

Mentres retiran o burro, acomódanse os Sete Magníficos.

Fala o Presidente deles:

No nome de Deus e da Santa Compaña,
ábrese a sesión desta Corte Popular:
O Manuel e maila Dolores,
ámbolos dous con indicios de pecado,
cada quen co seu apaño!
Que fale primeiro a Dolores,
pois,
aínda que leva pantalón,
xulgando polas súas mamarias debe ser unha dama,
e como tal,
¡un bombón!

Dolores:

A miña vida élles longa de contar:
Meu pai foi un señorito daqueles que viñan ás feiras
de Castroverde
para baila-las mozas,
que non é o mesmo que bailar coas mozas!
Miña nai, de preñada, emigrou,
e na Arxentina deixoume coas monxas
facéndome estudar.
Alí ensináronme que as mulleres somos iguais cós homes,
e por iso, cando este farfallán botou nunha trondea,
eu pagueille coa mesma fidelidade:
¡ningunha!
Tiroliro chámase o meu mozo,
¡un galo da Fonsagrada!

Manuel braceando, escandalizándose:

¡Tiroliro é a miña gaita,
e ten máis fol cá dese galo pillabán!
O mal desta rapaza está niso da igualdade:
¡Púxose de calzón..., por riba das bragas!
É certo que lle amoblei un poleiro á moza...,
¡pero foi por unha crise de moral!
En cambio, esta Dolores...,
¡faino co vicio, tendo de todo na casa,
e de todo a sobrar!

Dolores, lagrimexando:

¡Eu non din de que falar;
nada fixen e nada diría ata que souben desa trondea...,
pola caridade das veciñas!
Mentres Manuel se extasiaba coas mozas da tele,
¿que me quedaba, a min, na miña soidade,
senón admirar un galo doutro curral!

Manuel:

Sempre fuches escasa comigo,
que por iso te ameacei con irme de Pascuas...,
tra-la túa Coresma:
¡Corenta días sen proba-la carne!

Pregunta un do Tribunal:

Tanto falar desa trondea da Pascua...,
estaría ben tomarlle declaración!
¿Don Manuel, quere darme o enderezo da súa amante?

O interesado:

Naceu en Xerbolés, nun taller pirotécnico...;
¡dos irmáns Otero!

O anterior:

¡Vostede está de coña!
Aquelas madamas eran de pólvora...,
pólvora de queimar, pólvora pura,
así que...,
¡pecados supostos, bendición absoluta!

Manuel:

En calquera caso, se vostedes quixesen tomarlle declaración
comprobarían que non me dou de fanfarrón!

Traen unha moneca de pólvora, e detrás dela, ás súas costas, séntase discretamente unha rapaza, que é a que fala pola moneca.

A trondea da Pascua:

Aquí estou, pouco menos que resucitada,
pois esta xente tíñame esquecida;
agora todo é, todo o fan, co Carnaval,
e despois diso nin se confesan por Pascua Florida.
O de "Trondea" púxomo aquel Gómez de Berlán,
aquel mestre que redactaba os contos das Corridas...,
pero eu corrida non son, que só fago caridades aos homes...,
para os seus alivios petrinais;
quere dicirse, aos que teñen baleiros espirituais,
ou queren baleirar!

Outro do Tribunal:

- ¿Tal é o caso deste Manuel? ¿Si, ou non si?

Pascua:

Tal, si señor. Este home oíulle ao Fraga
esa propaganda do
"Pónselo, póntelo",
e daquela veu por xunto de min...,
para que lle ensinase a poñelo...,
por se a esta Dolores lle daban dores,
deses da SIDA,
que pican e son mortais!

Dolores, aludida:

Comigo non lle facía falta ese luxo, e de plástico menos,
que son boa no meu oficio de muller...,
menopáusica e todo,
ademais de que estou sa,
coma un buxo!
Os homes, de tanta tele que televén
imaxínanse milagres, e fan o que non lles convén!

Manuel

¡Ai, si, deberes...!
¿E logo, ti, co teu Tiroliro..., un paso para adiante e dous para atrás?
¡Coma se eu non tivese gaita,
sempre con ritmo, a compás,
coa música ao teu dispor!
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES