Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poesía, poesía!

jueves, 21 de marzo de 2024
No Día Mundial da Poesía
(21 de marzo)

Nos abrentes da luz hai poesía,
nos roibéns tamén cando o sol se pon.
Debulla o teu poema, reiseñor,
e díllelo ás estrelas tralo día.

Canta, poesía, a nena durmida,
a bolboreta que liba na flor,
as fontes de augas que se dan sen dor,
a sabia face da bela velliña.

Ven, poesía! O inverno xa marchou
co risoño volver da primavera
que a anduriña da casa me bisbou.

Non sei que ti tes, alma só sen corpo,
aura leve ou anxo que xa se foi,
mais por ti ferido fiquei, sen folgo.
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES