Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aurora Sampedro, unha científica polo mundo

lunes, 18 de marzo de 2024
Aurora tivo o privilexio de viaxar polos cinco continentes, con mente aberta, lixeira de equipaxe, sen presuposicións ou prexuízos. Ía ao encontro de diferente paisaxes e culturas, nas que sempre encontraba algoco que sorprenderse e ao mesmo tempo co que identificarse.

As numerosas postais e as fotos que se conservan nos arquivos familiares, son unha pequena testemuña da Aurora cosmopolita, curiosa e viaxeira. Estes documentos gráficos, apórtanos información fiable, que engadida a que coñecíamos e publicamos no libro "Universo Aurora Sampedro Piñeiro", permítenos achegarnos ao seu perfil desde diferentes ángulos, modos e perspectivas, e ao mesmo tempo, poder visualizar a personalidade desa muller: familiar, cálida, agradecida, humilde, austera, intelixente, curiosa, traballadora, segura, libre e valente.

A primeira información analizada, é a da tarxeta postal, enviada desde Madrid, o día 18 de marzo de 1931, a súa irmá Josefa co seguinte texto:
Aurora Sampedro, unha científica polo mundo
"Querida hermana: muchísimas felicidades te deseo en compañía de nuestros papás el día de tu santo.
El domingo por la noche salimos para Córdoba".

De forma breve transmite o apego familiar e o orgullo de pertenza. Engade información sobre a viaxe a Córdoba, que debía de estar dentro do programa de estudos. Ese ano, Aurora finalizaría o bacharelato universitario. Utiliza o plural, "el domingo por la noche "salimos" para Córdoba.

A tarxeta postal que Aurora lle enviou ao seu irmán Atilano desde Roma o día 10 de maio de 1955, cun texto cálido para informar que anda por terras italianas:

"(...) aquí me encuentro, encantada de ver tantas y tantas cosas. Me gusta mucho Italia, y Roma es estupenda. Me queda mucho por ver, pero mañana a las 61/2 de la mañana ya tomamos el tren y si Dios quiere el miércoles por la mañana llegaré a Madrid. Creo que no sabré si mi cuerpo es mío o del vecino de molida que estaré".

Tarxeta postal, que desde Palma de Mallorca, lle enviou a súa sobriña María Esther Sampedro o día 31 de marzo de 1963, coa seguinte información:

"Por fin me lié la manta y me vine a Palma. Me gusta mucho. Es esplendido el clima y todo, desde ayer ya recorrí una gran parte, y ya pude arreglar el billete de vuelta (que no tenía). Volveré en avión a Valencia, y de allí en tren".

A postal que desde Budapest lle enviou aos Sres. de Asensio. Matrimonio formado por Carlos Asensio e María Esther Sampedro, o día 25 de xullo de 1963, cun breve texto:

"Un saludo muy cariñoso desde Budapest".

A postal de Bruselas para súa irmá Dominica, con data 27 de maio de 1966, en breves palabras informa que leva camiñado moito, que xa tivo que arranxar os zapatos, que o día un sairán para Londres, que o porto de Rotterdan é grandioso e que Bruselas parécese máis ao noso.

A postal que lle envía a súa irmá Dominica desde Sevilla, coméntalle que:
Aurora Sampedro, unha científica polo mundo
"Son demasiadas cosas para tan poco tiempo. Bueno yo descanso de lo de Madrid".

Na postal que desde Ibiza lle envía a súa irmá Dominica o día 1 de setembro de 1969, pregúntalle por as festas do San Bartolo e infórmalle do tempo, que camiñan e van de visita a capital pola tarde.

Na postal que desde Granada lle envía a súa irmá Dominica, o día 4 de agosto de 1970, infórmalle que fai calor, que se vai levando e que o hotel está ao lado mar.

A postal que desde Tokio lle envía a súafamilia o día 23 de xullo de 1972, informa que andan "apretujadas de ver cosas", que non paran porque perderon dous días na viaxe e hai unha calor húmeda.

Na postal de Londres, que lle envía a Dominica, sen data, que nós situamos no ano 1972-73, informa de Manolo, o seu familiar, que xa está devolta en París e que o domingo volve a Madrid.

A postal que desde Brasov, Rumanía lle envía a súa irmá Dominca o día 29 de agosto de 1974, infórmalle que recorreron o centro do país, que é semellante ao noso e que nese momento están na praia.

As viaxes de Aurora, por motivos de traballo, representando ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), foron numerosas, temos identificadas as seguintes:

- XV Congreso Internacional de Química Pura y Aplicada. Lisboa (1956).
- VII ColloquiumSpectroscopicumInternationale. Lieja (1958).
- VII Bienal de la Real Sociedad Española de Química (RSEQ), Santiago de Compostela (1957).
- XVII Inter. Congress for Reine U. AngewandteCheime. Múnich (1959).
- IX Bienal de la Sociedad Española de Física y Química, Granada (1959).
- XVIII Congrés du Groupement pour l'Avancement des Methodes d'Analyse Spectrographique des Produits Metallurgiques (G.A.M.S.). París (1960),
- XXIII CongrésduGroupement pour l'Avancement des Methodes d'Analyse Spectrographique des Produits Metallurgiques (G.A.M.S.)
- Determinación espectro-química del Ti en los aceros inoxidables. Trabajo presentado a la IV Reunión Nacional de Espectros-copia. Granada (1974).
- Determinación espectro-química del Fe en relaciones Cu-Ni resistentes a la corrosión. Presentado a la V Reunión Nacional de Espectros-copia. Palma de Mallorca (1976).

Viaxeira incansable, de norte a sur e este a oeste. China, Xapón, Exipto, Grecia, Canada, Illas Malvinas, Arxentina, Terra Santa, Roma, Alemaña, Hungría, e tantas outras. Aurora ao máis puro estilo clásico, gozaba ao máximo dos mínimos medios.
Coñecemento, razón e aprendizaxe eran as tres variables que fluían no Universo Aurora, muller do Renacemento, de mente aberta, flexible, curiosa e austera, a que podemos definir por a súa sabedoría como unha polymata do seu tempo.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES