Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pai, envíanos pastores

lunes, 18 de marzo de 2024
Pai, envanos pastores Con este lema celébrase, no mes de marzo, o Día do Seminario. Ao redor da festa de San Xosé, a Igrexa reflexiona sobre o don da vocación sacerdotal. Deus segue hoxe elixindo a mozos para que sexan instrumentos seus no medio da sua Igrexa e, pola súa consagración e ordenación sacerdotal, leven o consolo e a misericordia divina que se fai eficaz polos sacramentos.

O lema deste ano convértese nun berro e, paralelamente, nunha pregaria. Trátase dun berro de mágoa e de necesidade. Contemplamos con dor como as nosas comunidades cristiás sofren a ausencia de sacerdotes que as convoquen, alimenten e fortalezan co pan da eucaristía e o pan da Palabra. Non son poucas as ocasións nas que oímos que cada vez son menos os sacerdotes e máis envellecidos. Un dato que se corrobora na nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol onde somos na actualidade 93 sacerdotes cunha media de idade que rolda os 73 anos.

Prescindindo agora das causas desta situación, é innegable que a ausencia de sacerdotes é unha mágoa nas nosas comunidades. A súa escasa presenza e o seu traballo acumulado -provocado pola escaseza- fan que se resintan seriamente os procesos de fe e o seu acompañamento, a capacidade de procrear novos membros, a posibilidade de descubrir e transmitir o misterio de Dios e moitos outros elementos fundamentais para a vida cristiá.

Non estraña, por tanto, que o lema deste ano se converta nun berro lanzado no medio dunha urxente necesidade. Como Xesús, tamén nós, ao ver o panorama do noso mundo, podemos demandar o envío de pastores, pois "andamos como ovellas sen pastor".

Pero este berro de desesperación transfórmase para o cristián en pregaria confiada: "Pai, envíanos pastores". Si, escóndese aquí unha oración de confianza en Deus que sempre é providente. Tamén o momento que vivimos forma parte da historia de salvación na que Deus vai tecendo a súa historia. Sen dúbida, esta situación que vivimos convértese nunha magnífica oportunidade. Unha ocasión para espertar o noso sacerdocio bautismal, para redescubrir o noso lugar na comunidade cristiá, para ocupar o posto insubstituíble que nela temos e que quizais non se nos soubo recoñecer. É un momento para interrogarnos sobre o noso papel eclesial, tal e como desde a diocese estamos a facer mentres reflexionamos sobre os ministerios laicales e o diaconado permanente.

Pero, xunto a iso, o lema do Seminario é unha oración de confianza porque só o Señor concederanos os pastores que necesitamos. É El o que os envía, porque o ministerio ordenado é sempre participación nunha misión que Alguén nos confía. O sacerdocio non é un privilexio ou un mero traballo, é sentirse mirado polo amor de Deus que nos abre a súa man e nos solicita para continuar a súa obra.

Por iso, a primeira tarefa para espertar vocacións é a oración confiada ao dono da ceifa. Nese sentido, cando percibimos e sentimos a ausencia dos sacerdotes, gustaríame preguntarvos: Canto e como entra nas nosas intencións esta necesidade da nosa Igrexa diocesana? Como é a nosa oración persoal e comunitaria para que o Señor nos envíe pastores? Cantas veces entran nas nosas intencións a oración polos nosos cinco seminaristas (Salva, Darío, Andrés, Renny e Sebas) e por aqueles que están en proceso de discernimento?

E, xunto a iso, a oración debe de ir unida ao traballo vocacional. É preciso xerar nas nosas catequeses e no noso traballo con mozos unha urxente cultura vocacional: espertar o gozo de vivir a vida como misión, como resposta a unha proposta de plenitude e de amor que o Pai ofrece a todos, se queremos escoitala.

Non perdamos a esperanza. Sigamos orando desde o traballo confiado e desde a proposta netamente vocacional. Pai, envíanos pastores!

O voso irmán e amigo.
+ Fernando, bispo de Mondoñedo-Ferrol
García Cadiñanos, Fernando
García Cadiñanos, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES