Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Boto de menos

lunes, 18 de marzo de 2024
Segundo pasan os días
e se está preto da meta,
sinto soidade e morriña,
sinto ganas de volver.

Boto de menos as leiras,
a sega, a meda e as mallas.
Boto de menos as vacas,
as galiñas e a lareira.

Boto de menos a igrexa
e as tumbas do cemiterio.
Boto de menos os xogos
cos rapaces da parroquia.

Boto de menos ós mortos:
a meus pais e ós veciños.
Boto de menos saber
cando me verei con eles.

Boto de menos tamén
a praia dos namorados.
Boto de menos o Orzán
e máis o Monte San Pedro.

Boto de menos o mar,
as gaivotas, mailo orballo.
Boto de menos Melide,
Moldes, Lugo e A Coruña.
Silva, Manuel
Silva, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES