Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia de xénero (9)

viernes, 15 de marzo de 2024
En definitiva, que o matrimonio é unha cousa moi seria, de estudio previo, e daquela os infantilismos e mailas bravatas só son admisibles na infancia..., niso que deixamos aló atrás, antes do uso da razón; e se aínda non estamos educados, por que e para que pensamos en casarnos? ¡Para arar cos bois, primeiro hai que amansalos!

Este xoguete inspiroumo aquel "asturiano":
Violencia de xénero (9)
¡Coidado coas aparencias, que este non son eu; e o asturiano, tampouco!
Xosé María Gómez Vilabella

DESAVINZAS SEN FUNDAMENTO
ou
VIOLENCIA MACHISTA

Xoguete cómico para afeccionados.
Representar no Campo da Feira,
posto que as desavinzas feiras son:
Vender o que nos sobra para mercar o que non temos!


Chegan dous peregrinos ao Campo da Feira: Manuel, de machista, dacabalo dun burro; e Dolores a pé, arramalando.
Violencia de xénero (9)
Dolores:

¡Ai, Manuel, cómame nunca o diabro,
que desta tés razón:
tanta xente ao fino, nestes días miserentos;
aquí ou é Castroverde,
ou estamos no Ceo entrando!

Manuel:

¡Ai, Dolores, con este cheiro ao polbo,
e ás filloas...,
mellor sitio para descasarse, imposible,
agora que iso está de moda!
Eu quedo coas de Castroverde,
e ti segue para Santiago,
no burro ou andando,
que estas si que menean a tixola,
e coa tixola..., o ubre!
Repara que todas, ¡todas!, parecen estar...,
aleitando!

Achégaselles un Garda Municipal, chamado Xavier, para saudalos, e darlles a benvida.

Xavier:

¿Vostedes, disfrazados de peregrinos,
aínda que non os vexo ben avidos...;
que venden, ou que predican,
que se lles perde no Campo da Feira,
desviados do Camiño?

Manuel, sen apearse, agáchase para darlle a man ao Garda:

Somos os Predicadores da Boa Vida,
que volvemos a estar de moda nestes tempos de crise;
nós predicamos o que nos vén en gana
xa que en España o único que abonda é a liberdade de programa.
¿Non sabe que o sono, o sono e mailos risos,
matan a fame?
¡Pois iso queremos facer nós,
rirnos de nós,
de nós mesmos, antes de que o fagan outros!

Xavier:

En Castroverde somos xente formal,
e aquí só nos rimos dos políticos marfalleiros,
maiormente deses que se disfrazan de peregrinos,
Camiño de Santiago,
pero...,
a Santiago van, arrexuntados na Xunta,
mais non na Catedral!
Vostedes, con esta pinta de políticos esfameados,
se é que andan aos votos chegan tarde.
¡Aló van, na furna metidos;
por certo, tan metidos que agora mandan os do outro partido!
A vida élle así,
que por algo xa o di o refrán,
nesta vida sacarás...,
o que metas, e nada máis!

Manuel, apeándose da burra:

Iso de meter créollo ben:
coa verdura que vexo ao redor...
Mire, señor, ao que chegamos, que de tanto crer na televisión,
¡España va bien!,
a min esfarrapoume esta Pascua,
e á Dolores chingouna o Carnaval,
pois do Carnaval á Pascua...,
quedamos desamparados, séxase, no paro,
ámbolos dous!

Dolores:

Este home ten un pico de ouro pero exprésase mal,
do peor:
Trátase de que estamos planeando un divorcio,
ou unha separación...,
¡aínda que pouco nos queda sen separar!,
pero o problema está no burro,
que este home non quere vendelo e darme a metade...,
por non apearse!

Xavier:

Logo o que predican é a desunión,
como se fixo daquela, no Trinta e seis,
coa Unión de Montecubeiro...;
¡pero aquí van de cu,
que nunca estivemos mellor avidos...,
con trinta partidos!

Dolores:

Co abuso da democracia
caemos en libertinos,
así que a tal momento pedimos xustiza,
de Castroverde no seu Tribunal.
Con este macho atusmándolles ás núas da Tele,
eu,
para celos lle dar, namoreime dun galo,
o máis galeador de todo Fonsagrada!
Miren se é perdulario este home que me acompaña
que con só poñerse a garabata xa se dá de persoeiro ilustrado
esquecéndose de que para iso hai que ser honrado!
Seguindo coa moda, co que el chama poñerse ao día,
botou nunha trondea serodia,
noviña,
e ata lle puxo un piso...,
na Rúa Nova,
¡pagado cos fondos reservados,
cos meus!

.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES