Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arte e tecnoloxía

jueves, 14 de marzo de 2024
Hai xente creativa que non vai de artista pero realmente fai cousas moi orixinais e cun Arte e tecnoloxíapunto de arte.

Unha pequena tenda de móbiles e operadores de telefonía, un mozo levándoa e un escaparate que non debe pasar desapercibido. No medio dos aparellos que se anuncian e das tarifas que se promocionan, aparecen uns pequenos personaxes construídos con minúsculos elementos electrónicos que representan peregrinos de todas as maneiras posibles. Si, por aquí pode entrar o camiño portugués, por aquí pasan camiñantes con mochila e iso é o que aparece representado en figuras diminutas.

Acostumámonos a todo e parámonos a ver toda esa xente que camiña pola vitrina adiante medio perdidos entre os aparellos como se o fixeran entre grandes rañaceos. Este Nadal atopei unha sorpresa que, ao principio, me custou entender. Un nacemento! un pesebre co seu meniño, a Virxe e o Neno, os Reis Magos, os pastores, a estrela... todo o que debe formar parte dunha instalación deste tipo. Algodón polo chan a modo de neve, distintos modelos de móbiles facendo de pastores que camiñan cara ao portal que está ao fondo: dous teléfono grandes facendo de pais e un pequerrechiño deitado facendo de bebé; a postura é a debida, a inclinación perfecta, o acubillo formado por uns teléfonos que fan de columnas e outros que fan de teito. Sobre el unha lámpada actúa de estrela de Belén que alumea e dirixe as miradas cara o lugar protagonista. Noutra zona está a árbore de Nadal formado polas reducidas tripas dos compoñentes electrónicos.

Podemos falar de pezas, pero tamén de verdadeiras instalacións. Unha das cousas que máis me chama a atención é o feito de que poden pasar desapercibidas no medio dos elementos comúns da tenda. Se non te fixas, podes non velas. Hai un ruído visual que pode impedir que as descubras, navegan nun mar que nos distrae, nun mundo que non espera arte nin creatividade, pero está aí, facéndose un sitio, demostrando que todo serve cando hai alguén orixinal capaz de crear con calquera material.

En realidade, o que nos presenta este artista son exposicións de pequena escala e dispersas, efémeras e formando parte de universos diferentes. Arte fóra dos circuítos convencionais. Arte que non busca ser arte e igual aí é onde garda o maior valor, en selo ser pretendelo. En poñer a creatividade en marcha no medio da técnica máis pertinaz, en ver algo fermoso nos terminais. Ás veces temos asistido ás interconexións polas que nas tendas de calquera tipo se introduce unha obra de arte formando parte do escaparate, por veces relacionadas e outras non. Isto é diferente, artesanía? pode ser. Arte, por que non?

Realmente o que el busca é o que mostra, non pretende máis, pero eu levaría as súas instalacións a unha galería, a un museo e realizaría mini exposicións como se se tratase dunha casa de bonecas, nunha pequena vitrina, porque non dubido de que hai arte nesa maneira de expresarse, de tratar os compoñentes, de recoller os reade made buscándolle esa outra función.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES