Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dez de marzo de 2024: Aniversario en Ferrol

Campo Freire, Xaquín - lunes, 11 de marzo de 2024
Os que vivimos moi de pertiño fisicamente aquela crueldade dun réxime agónico, pero cada vez máis sádico, queremos en primeiro lugar darlle as grazas a Amador e Daniel e aos feridos nos corpos e na dignidade.

Únome persoalmente á aquelas familias que, invisibilizadas, aínda lles sangran as feridas porque non recibiron de ninguén un alento de vida, de reparación e petición de perdón.

Toda a miña admiración para cantos pasastes polo cárcere e para os familiares que tivestes que sufrir xuízos de toda inxustiza con acusacións falsas para condenarvos ab initio contra todo dereito, só para manter un sistema esperpéntico e absolutamente malvado.

Para o pobo de Ferrolterra e á cidadanía galega daqueles tempos, grazas. E para os que vos vides incorporando de novo, por lei de vida, que aprendades que a historia verdadeira da familia de sangue, da tribo e da comunidade, ademais de coñecela e estudala con alma corazón e vida,non podemos permitir nunca o esquecemento, nin terxiversación malévola e maliciosa porque é UNHA HISTORIA SAGRADA DO NÓS COLECTIVO onde se pon en risco a supervivencia común e a dignidade de todos, incluso dos que se equivocaron de boa fe.

No escudo da Galiza da inspiración de Castelao hai unha frase que nos identifica e compromete: DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS.

Teño diante un libriño editado pola "Memoria Histórica": "A ditadura de FRANCO segou a vida de más de 900 homes e mulleres nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal".

VEREDICTO DA HISTORIA. A día de hoxe, DEZ DE MARZO DE 2024: CULPÁBEIS!
E ASÍ SE FAGA SABER ÁS XERACIÓNS ACTUAIS. E ASÍ SE ENSINE, SEN FASIDADES, EN TODOS OS ÁMBITOS FORMATIVOS DO UNIVERSO ENTEIRO.
E RETÍRENSE OU INVISIBILICEN TODOS OS SIGNOS DE EXALTACIÓN ÁS PERSOAS QUE MALICIOSAMENTE PARTICIPARON NA MASACRE.

Ánimo compañeiras e compañeiros! Que en calquera campo onde nos movamos manteñamos sempre acesa a luz da verdade, do amor, do recoñecemento e da reparación.

"E dime o corazón que collidos das mans, coas mans de todos, faremos un camiño na noite e ALGUN DÍA VENCEREMOS."
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES