Agradecer e valorar
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 14 de marzo de 2024
Nesta vida todo ten valor.
Ten valor unha palabra.
Ten valor un sorriso.
Ten valor un regalo.
Ten valor o estudio.
Ten valor a amistade.
Ten valor a familia.
Ten valor o que facemos.
Ten valor a vida.
Ten valor a oración.
¿Pero en que medida sabemos agradecer e valorar todo canto de bo nos ofrece a vida?
UNHA PALABRA DE ALENTO, UNHA PALABRA DE ÁNIMO, UNHA PALABRA TENRA, UNHA PALABRA AMOROSA...
As palabras que saen dun corazón cargado de amor expresadas no momento e lugar oportunos, teñen un valor incalculable.
Pódennos sacar dunha dúbida.
Pódennos sacar dunha situación límite.
Pódennos sacar dunha depresión.
Moito valor teñen esas palabras: tanto cando as recibimos como cando as diriximos a outras persoas.
Moi satisfeitos podemos estar cando as diriximos a persoas en situación crítica: estamos facendo un bo labor.
E sumamente agradecidos estaremos cando as recibamos.
O SORRISO FALA SEN PALABRAS
Comunica aceptación.
Expresa complicidade.
Transmite paz.
Comunica alegría.
Crea endorfinas.
Relaxa...
OS REGALOS: HAI QUE VALORALOS E AGRADECELOS
Hainos de moitas clases: os mellores son aqueles que proporcionan compañía e cariño porque se produce un intercambio de vibracións cheas de gozo e vida.
É unha gozada poder regalar compañía e cariño e tamén recibilos: en familia. en comunidade...
Os regalos valóranse e agradécense: non pola cantidade, senón pola calided humana, polo grao de amor que levan implícitos: xeran vida.
O ESTUDIO HAI QUE VALORALO E AGRADECELO.
Dignifica a persoa.
Abre a mente ó coñecemento.
Permite a comunicación con persoas que saben moito.
Mellora a autoestima de quen estudia.
Abre moitas posibilidades.
Mellora o noso benestar.
É un ben para todos.
Quen non estudia, podendo facelo, non sabe ben o que perde.
Quen non agradece a quen lle ensina, non sabe o que fai.
Que ensina ó que non sabe, merece moito agradecemento.
A ORACIÓN É MOI DIGNA DE VALORAR E AGRADECER
Para os crentes: a oración é o motor que move o mundo.
Orando poñémonos en comunicación directa co Todopoderoso.
Orando sentimonos custodiados polo mesmo Deus que vai guiando os nosos pasos ó longo da vida.
Orando sentímonos fillos de Deus e irmáns dos demais.
Orando acercámonos ós máis necesiados.
Orando confiamos que todo irá ben porque a gracia de Deus suplirá a nosa pequenez humana.
A oración non ten límite de horario nin de espazo.
A oración confiada é unha fortuna para quen a fai e para quen recibe os seus beneficios, tamén.
A oración pode facerse a nivel individual ou en grupo, en ningún caso ten desperdicio.
A oración non ten data de caducidade.
Recibir a gracia de facer oración é unha bendición celestial: moi digna de valorar e agradecer.
¿SABEMOS VALORAR E AGRADECER O ESPIRITUAL?
É unha mágoa que nos toque vivir nun mundo materialista e consumista no que o sistema nos ten tan ocupados en bens materias cando os espirituais teñen moito máis valor.
A materia é moi necesaria para satisfacer as necesidades corporais; pero non sacia as necesidades da alma.
Por eso hai tantas persoas que non lle encontran sentido á vida, principalmente na adolescencia.
¿Cómo é posible tendo de todo?
Os datos do CIS falan claro.
"É BEN CERTO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora