Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Propostas diocesanas ante o Xubileu 2025

martes, 12 de marzo de 2024
Propostas diocesanas ante o Xubileu 2025 Como ben sabedes, o próximo ano 2025 celébrase o Ano Xubilar en Roma. Se Deus quere, está previsto realizar unha peregrinación de toda Galicia a Roma. Como preparación ao mesmo, o Papa desexa que este ano o dediquemos á oración. Esta invitación encaixa ben no noso Plan Diocesano de Pastoral. O noso obxectivo é conseguir ser discípulos misioneiros e, para iso, unha das nosas prioridades era "coidar a experiencia de fe a nivel persoal e comunitario". No Plan convidabamos a "formarnos na experiencia de oración, coidando espazos, encontro e grupos xa desde nenos".

Aínda que certamente poñamos este acento máis durante o vindeiro curso, xa que este ano temos o tema dos ministerios laicais e o diaconado permanente, convídovos a que o poidades ir acollendo ou estudando nas vosas actividades.

Nós, a nivel diocesano, farémolo da seguinte maneira:

- A xornada das 24 horas para o Señor, coa Festa da Misericordia no Seminario de Mondoñedo que celebraremos o 9 de marzo, estará centrada en formas de oración diversas.

- As xornadas de Poio de comezo de curso para os sacerdotes tamén se centrarán nesta temática.

- A asemblea diocesana de comezo do próximo curso tamén a centraremos nesta cuestión.

- Desde a Conferencia Episcopal Episcopal vai editar unha serie de pequenos cadernos sobre a oración, editados pola BAC, que se poden dialogar en grupos de formación de laicos.

Convidámoste tamén a que coñezas e difundas/acollas na túa comunidade algúns dos grupos e experiencias que existen na nosa diocese que están centrados na oración:

* Adoración Nocturna: máis información en rubenamor_2000@yahoo.es
* Talleres de Oración e Vida: máis información en owshanda@hotmail.com
* Oración de Madres: máis información en laicos@mondonedoferrol.org
* Oración en familia: máis información en laicos@mondonedoferrol.org
* Oratorio de nenos: máis información en cdadribadeo@hijasdelacaridad.org

Como vedes, son algunhas propostas que nos poden axudar a prepararnos para o Xubileu. Sen dúbida, seguiremos falando delas de cara ao próximo ano. Os meus mellores desexos neste camiño coresmal.

O voso irmán e amigo.

+ Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondoñedo-Ferrol
García Cadiñanos, Fernando
García Cadiñanos, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES