Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ombreiro, de Manuel Romay

martes, 24 de marzo de 2009
De Manuel Romay sabemos os lucenses a súa longa etapa ó mando do pazo da rúa de San Pedro que goberna o sistema provincial de Correos e Telégrafos, o traballo como Director provincial do Ministerio de Transportes, Turismo y comunicaciones, a súa participación nas tertulias da cadea Ser, o seu trato excelente con toda a xente que o coñece e, desde agora, a súa paixón pola súa terra natal de Ombreiro – San Martiño de Ombreiro, no concello de Lugo- ó que ten dedicado longo estudio e monumental libro.

Eu coido que cando as parroquias das terras galegas teñan sido estudiadas desde dentro por xentes que as sintan como propias, a nosa terra terá feita a historia máis directa e viva para coñecer o global a partir do particular, das unidades máis básicas e naturais que a convivencia fixo evoluir, á suma total que é Galicia.

E a vantaxe deste libro de Manolo Romay é o de estar feito desde dentro, tomando a Ombreiro como o centro do seu mundo, co perfecto dereito que da proceder dunha terra, sentirse copropietario de algo espiritual, moi por riba de calquera propiedade física. O libro está feito desde Ombreiro, arredor de Ombreiro, entendendo a Ombreiro como punto de partida e destino, vendo desde alí pasar a historia, observando a repercusión en Ombreiro de todos os acontecementos históricos, as influencias dos camiños e dos ríos, do clima e das xentes.

Hai algo de máxico e intemporal neste libro. A través del pasa a historia e o autor e o lector permanecen; desde Ombreiro contémplase o que acontece na ampla comarca de arredor para alí volver sempre, para ter alí punto de referencia, para facernos sentir que a historia discurreu -e é verdade- arredor de Ombreiro, ollando a Ombreiro, porque desde alí alguén estaba espreitando, fitando lonxe sabendo que en algún momento da historia podería deixar constancia de que a historia é algo vivo, de que ninguén pode vivir en solitario, de que o inmenso mundo pode centrarse e concentrarse nun punto de referencia cun nome tan sinalado, tan humano, como o de Ombreiro.

O libro de Manuel Romay é unha referencia, un exemplo, algo no que poden mirar todos os que queiran deixar constancia de cómo era a vida nun punto determinado da nosa xeografía.

Entronca directamente con aquel libro histórico que Xosé Ramón e Fernández Oxea -Ben Cho Shey- dedicou hai máis de medio século a Santa Marta de Moreiras en Ourense. Era unha auténtica enciclopedia do saber e do vivir dunha comunidade galega.

Ben farán os de Ombreiro en ter o magnífico traballo de Romay como libro de cabeceira, e todos os lucenses como referencia imprescindible.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES