3. Cruz Misional
Coordenadas U.T.M. X: 630.395 Y: 4.745.840
No interior da igrexa hai unha cruz misional situada na parede esquerda da igrexa fronte á porta de entrada.
Trátase dunha cruz latina, de madeira.
Na parte superior do brazo lonxitudinal lese a seguinte inscrición: "SANTA".
No brazo transversal: "MISION PARROQUIAL".
Na parte media-inferior: "BENEDICTINOS".
Na parte inferior: "31-3-52".
Na intersección de ambos os dous brazos hai unha forma circular, que amosa no seu interior catro formas lobuladas.
Nas dúas do lado dereito, aparecen inscritas as letras C (parte superior), e P (parte inferior).
Nas outras dúas do lado esquerdo están inscritas as letras S (parte superior), e B (parte inferior).
4. Cruceiro da "Casa de Subquintá".
Coordenadas U.T.M. X: 629.553 Y: 4.746.249.
ORIENTACIÓN: SUR-NORTE.
Este cruceiro de propiedade privada, está situado no interior da "Casa de Subquintá"

(Muro).
Foi construído polo canteiro José López López, oriundo desta casa.
Esta manifestación artística esta composta nunha orde ascendente dos seguintes elementos colocados do seguinte xeito: Plataforma, base, fuste ou varal, e cruz.
A plataforma é semellante a dos cruceiros do Couto (Bande); ao de Muro; e ao de Trasliste.
A base é similar á dos cruceiro do Centro Público Integrado "Ramón Piñeiro" de A Poboa de San Xillao; a do de Carracedo; e a o de Muro.
O fuste e o capitel posúen moita similitude cos cruceiros do Centro Público Integrado "Ramón Piñeiro"; co de Carracedo; co do Couto (Bande); e co de Muro.
Finalmente, a efixie cristolóxica, situada no anverso da cruz mostra semellanza cos cruceiros do Centro Público Integrado "Ramón Piñeiro"; co de Carracedo; co do Couto (Bande); e co de Muro.
Non obstante, a imaxe mariana, situada no reverso da cruz, manifestase como unha advocación do Carme, vestida cunha túnica e mantilla e portando nas súas mans o escapulario, peculiaridade esencial desta advocación mariana.