Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia de xénero (8)

martes, 12 de marzo de 2024
Categorías de comportamento, de Robert K. Merton:
. Conformidade ou conformismo. A persoa acepta tanto os valores admitidos (pola pereza e/ou pola sociedade) como os medios convencionais para logralos, con independencia de que trunfe ou non. A sociedade dita certas normas dependendo da clase e do status sociais, e o individuo que entra na categoría conformista acepta eses obxectivos, así como os medios lexítimos para obtelos.

. Innovación. É unha deformación leve. O individuo acepta os valores socialmente establecidos, pero utiliza medios ilexítimos ou ilegais para tratar de acadalos. Obxectivos como a riqueza e/ou o poder son aceptados, pero os medios de acadar estas metas fanos, utilízanos, desviados das normas sociais. O comportamento criminal típico corresponde a este modelo.

. Ritualismo. O individuo actúa de acordo cos estándares aceptados socialmente, pero perde/perdeu os valores que impulsaron a súa actividade. En lugar de aceptar os obxectivos refusando os medios, o ritualista renega do obxectivo pero acepta os medios. Isto pode suceder cando un certo comportamento forma parte dunha rutina, como ir a traballar cada día, incluso se non se está conforme ou se renega dos obxectivos do empregador.

. Retreatismo, ou retraemento. É unha combinación da desviación innovadora e do ritualismo. O individuo abandona o enfoque competitivo e refusa tanto os valores coma os medios para conseguilos. Transeúntes, drogadictos, vagabundos, ou habitualmente desempregados, son os típicos. Merton sostén que a desviación implica unha elección consciente, referíndose a un individuo que permanece, que insiste nesas circunstancias, de propia vontade, non á forza.

. Rebelión. Cando o individuo refusa os valores existentes, así como os medios establecidos para logralos; quere substituílos por outros, reconstruíndo o sistema social. Nesta categoría, nisto da rebelión, teremos revolucionarios, terroristas, e tamén certas bandas, persoas que refugan os medios culturais da sociedade así como os lugares ou xeitos de obtelos, pero, a diferenza do retreatist, buscan alternativas e tratan de cambiar as normas culturais existentes.

Conclusión: Que nada se perde, e moito se gaña, con analizar, distinguir e comprender, o encaixe da nosa mentalidade; os análises do sangue, ouriños, etcétera, ben que nos importan, pero os da mentalidade, os formativos / deformativos, que? Aprender a vivir, a convivir, a coñecer o tipo de xente coa que se convive, tamén require analítica, e non da elemental!
-.-

As ondas expansivas, circulares.

Tiras un pedra na auga, e comezan as ondas, en tódalas direccións, en tódolos Violencia de xénero (8)sentidos; danas nos seus intereses, ou ofendes, inxurias ou agravias, e, aínda que non as vexas, aí quedan as consecuencias. É unha lei física que concorda con outra moral: Os efectos van, propáganse, en tódalas direccións. Así, os danos feitos a un/unha cónxuxe, non quedan na casa, na parella, que se estenden, todo ao redor, comezando polos fillos, e seguindo polo resto da familia. ¿Verdade que xa o sabíamos, pero non nos decatabamos diso? ¡Veña, ao confesionario, de inmediato; e tamén de inmediato, de ser aínda posible, estiñar as feridas, pois as graves non curan soas!

A capacidade da persoa humana, tanto para o ben como para o mal, é monstruosa, enorme, inconmensurable, así que temos un poder de..., de bomba atómica, tantas veces ignorado!
-.-


A inxente tarefa de domesticar o ego

Por inxente que sexa, non deixa de ser posible. ¡Intentémolo, para que nos deixe Violencia de xénero (8)convivir; convivir en paz, por suposto!

Eu, para o meu goberno, comezaría por distinguir entre un ego saudable e os, ¡en plural!, destrutivos. A seguridade, o apromo, temperan e sosteñen; os narcisos..., para os floreiros! Din, e parece que atinan, que non hai nada malo en estar orgulloso dalgúns logros persoais..., sempre que sigamos sendo humildes. ¡Medrar e seguir sendo humildes..., que difícil parece, pero útil, tamén!

Con ganas de afondar no tema, que é tan importante e tan dramático na actualidade, lin nalgunha parte que un tal Alejandro Jodorowsky deu estes consellos. Son demasiados para aprendelos de memoria, pero, comezando de rapaz...

. Non convertas un dolor en sufrimento: déixao vir, déixao pasar, non o aferres.
. Sexas o que realmente sexas no presente, non cargues culpas, non as achaque á parella; (maiormente son túas!).
. Elimina toda ansiedade (a febril) polo futuro.
. Prepárate a traballar (¡traballa!) pola túa evolución, e así ata o final dos teus días. (¡Tes esa obriga, pero tamén ese estímulo).
. Non lle rendas contas a ninguén: ti es o teu propio xuíz. (Tamén o serás Arriba, por ante San Pedro, onde che abrirán o libro da túa vida, ese dos teus actos, para que o leas ti mesmo; as erratas alí estarán, imborrables; por se acaso, leva méritos, para que chas perdoen).
. Aprende a felicitarte a ti mesmo(@. (¿Os demais? ¡Poden non ser obxectivos!)
. Cada noite repasa o teu diario, pero, con obxectividade!
. Se queres trunfar, aprende a fracasar. (Mellor aínda: aprende a indagar na causalidade deses fracasos).
. Non te definas polo que teñas. (Algo, e se cadra moito, veuche de terceiros, e por veces, graciosamente).
. Nunca convertas unha actividade, ou outro ser, no motivo da túa existencia: entrégate á túa propia vida; non delegues os teus poderes. (Serás responsable deles, así que, ocúpate do seu uso).
. Cando fales con alguén, déixao terminar, (que para interromper chega con eses “tertulianos” da tele). Cando proceda contestar, faino en conciencia e a conciencia, procurando que sobrenade a verdade, a verdade intrínseca, non a túa.
. Cando deas consellos, nunca o fagas ex cathedra, senón con advertencias: “Isto é o que penso...”. “Isto é o que creo...”.”Este é o meu parecer...”. (Os interesados sempre terán máis datos cá ti, loxicamente).
. Nunca afirmes algo sen relativizalo... (Por se estás errado!).
. Nunca fales de ti mesmo pechando as portas, (por se tes que saírte do dito).
. Só aceptando que nada é teu serás don(@) de todo. (Iso que chaman desapego).
. Convértete en ofrenda, (pero non en escravo!).
. Tamén moi importante, moi pragmático: Para de falar mal dos outros, ou do mundo: cando che pregunten a túa opinión sobre algo, ou alguén, subliña as calidades, e se non as atopas, ou non as coñeces..., faite a un lado!
. Fai actos que sexan positivos para o teu próximo, a ser posible de forma gratuíta e anónima. (O que máis che importa é que o saiba Deus, e a Deus, na súa omnisciencia e omnipresencia, nada lle pasa desapercibido, nin do bo nin do malo!).
. Cando enfermes, aproveita esas vacacións para reflexionar.
. Acepta sen envexa os valores dos demais. (Pode ser que che pasasen desapercibidos, pero non hai ninguén sen valores..., agás Satán, que os perdeu, todos, por egoísta!).
. Non fales facendo resoar a túa voz na cabeza, no nariz ou na gorxa; faina resoar no peito, usa a voz do corazón. (Iso, que fale o corazón, que é a nosa caixa forte, a dos tesouros!).
. Non toques o corpo doutro para collerlle algo, ou para rebaixalo; cólleo para acompañalo, para que se apoie en ti.
. Non mires con disimulo: a vista á fronte; ar!
. Dá, pero non obrigues a recibir; (respecta as independencias persoais).
. Non fagas sentir culpable a ninguén, e acepta que es cómplice de canto sucede. (¡Temos arte e parte en tantas cousas...!).
. Non esquezas aos teus mortos. (Dun xeito especial, os seus consellos).
. No lugar onde habites consagra un sitio para o sagrado. (Mellor aínda: que todo ti sexa sacro, limpo e puro).
. Que na túa cociña non haxa sucidade ou desorde. (Nin na cociña, nin no resto, en particular no teu almario).
. Cando rendas, ou prestes, un servizo, non te queixes nin fagas resaltar os teus esforzos; e se decides axudar ou traballar para outro, faino con pracer, sen aterte aos agradecementos. (Así, de paso, non te decepcionarás).
. Se prometes, cumpre. (¡Ollo coa palabra: que a túa sexa unha escritura!).
. Se dubidas entre facer ou non facer, arríscate, pero..., (sopesando previamente as túas forzas!).
. Non definas a ninguén: nin pola raza, nin polo sexo, nin pola profesión, nin polas ideas... (¡Simplemente, non o definas, pois os malos xuíces están, acaban, mal vistos!).
. Non imites nin copies: absorbe, asimila, analiza, e..., se podes, mellora!
. Non pidas se non sabes agradecer. (Jodorowsky díxoo doutra maneira, pero ben a ser o mesmo).
. Non trates de ser un todo: concédelles a liberdade de buscar noutro@ o que ti non podas dar. (¡Que melloren, se o poden facer sen ti).
. Non pretendas ter respostas para todo. (¡Ti non es Deus!).
. Para obter algo, tes que desexar profundamente telo, adquirilo.
. ¡Trata aos demais como quixeses ser tratado! (Se esqueces isto, es un mentecato@).
. Se non queres cometer errores, nunca lograrás a perfección. (Dos erros tamén se aprende).
. Se non tes fe, imítaa. (Mellor aínda: dálle un repaso á Biblia).
. Cando alguén estea triunfante diante do seu público, non lle contradigas. (Que gañará o que xa ten gañado).
. Crea o teu propio sitio e o teu propio público.
. En casa allea come con moderación. (E na túa, tamén).
. A onde te inviten..., mellor se levas un regalo debaixo do brazo.
. Vive do diñeiro gañado por ti mesmo. (Sabe a gloria).
. Non te adornes con ideas (con plumas!) alleas.
. Non te fotografes xunto a personaxes famosos. (Terante por un tiralevitas).
. Non te xactes de aventuras amorosas. (Non existen, porque, ou son consensuadas ou violentas; e neste segundo suposto son malditas, por ben ditas que se digan).
. Nas conversas trata de non falar de ti, pero tampouco de acontecementos intranscendentes; fala de temas de interese xeral.
. Nunca critiques os seres amados dos teus fillos/as. (Tirarás pedras ao teu tellado).
. Procura ter para poder repartir. (A xenerosidade é un pracer de sabios e de santos).
...

O resto, para outro día, pois, aprender a ser boa persoa, leva toda unha vida!
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES