Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Oasis no deserto do mundo

martes, 24 de marzo de 2009
Abondan os desertos e as soidades neste noso mundo. A maioría das persoas vivimos en deserto permanente. Non querido nin buscado. O mesmo acontece coas nosas soidades. Son forzosas. Non coma o voluntario, libre e purificador bíblico/cristián, que é buscado para preparar mellor o camiño que leva á Pascua que trae liberación e vida.. Máis ben, case todos nos quedamos no baleiro das nosas incertezas, infidelidades e incoherencias. Seguimos case paralizados. Coma acontece na Xunta. Enredados en cativos intereses.

Mentres, seguen a medrar os pobres. Tamén a falla de sensibilidade, colectiva e persoal. Unha muller e un home, os dous de idade avanzada, unha en Portomarín e outro no Carballiño, veñen de morrer, en inexplicable soidade, a pasada semana, no medio dunha morea de veciños. Entre moita xente que nin se deu conta nin notou as súas ausencias. Por riba, dinnos que os galegos somos os máis deprimidos do País. O que nos faltaba! Á vista tamén, o SOS dos nosos labregos polo sector lácteo e dos obreiros pola evidente falla de traballo. E todos nós perdendo medios necesarios para vivir (traballo) e tamén sensibilidades e principios. Tanto no rural, de xeito galopante e sen volta atrás, como nas vilas/cidade. Entrementres, todos nosoutros presenciando como unha boa parte dos nosos dirixentes políticos e mesmo algúns pastores enleados en discusións e pelexas axudando a medrar os insultos e as provocacións que nos levan a separármonos aínda máis. Mesmo entre as autoridades e colectividades chamadas a dar exemplo, como son a propia Igrexa e o propio Goberno e Oposición. Contaminándoo todo.

Unha triste e lamentable realidade, amplificada polos potent4es e divididos medios de comunicación social (con Internet tamén polo medio) clara e abertamente radicalizados e enfrontados, que está a deixarnos baleiros e espidos, no enorme deserto deste mundo, sen marxe para unha seria e reflexiva busca da verdade que nos leve ao necesario e imprescindible diálogo. Un diálogo útil e conciliador para abrir camiños de futuro!

No intre que todo parece confuso, incerto e inseguro, nada nos impide que vaiamos pondo amor neste desnortado e globalizado mundo. Iso foi o que fixo Xesús, que veu a compartir vida connosco a este mundo noso “non para xulgalo, senón para salvalo” “Deus ama ao mundo”.Cun amor infindo e eterno. A ese mundo que non acabamos de compoñer. O propio Vaticano II (agora medio esquecido) afirma, con rotundidade e claridade: “A Igrexa é enviada a manifestar e comunicar ao mundo o amor de Deus a todos os homes e mulleres” A nosa obriga, a de todos os que formamos esta nosa gran familia humana, sexamos ou non crentes/cristiáns como cidadáns, é a de sermos todos e cada un de nós “pequenos oasis salvadores no medio deste noso desertizado mundo”.
¡Un deber universal polo simple pero grandioso privilexio de ser persoa humana!.

Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES