Santa Trahamunda
Silva, Manuel - lunes, 11 de marzo de 2024
(Patroa da morriña)
A mociña Trahamunda,
unha monxa moi fermosa,
foi detida polos mouros
na linda illa de Tambo.
A Córdoba foi levada
pró harén de Abderramán.
Mais, por ser fiel á súa fe,
once anos quedou presa.
Foi tanta a súa morriña
que ata Deus fixo un milagre:
pois na rama dunha palma
devolveuna a Galicia.
E eu así me atopo agora:
Encerrado nos alxubes
do desterro e da distancia,
simulando polo día
e chorando pola noite.
Xa estou enfermo de pena
e xa morro de morriña.
Vou buscando medicinas
que me calmen estas dores.
E, despois de rebuscar,
xa soamente me queda
suplicar con fe e amor
á nosa Santa Trahamunda.
Silva, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora