Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (15)

viernes, 08 de marzo de 2024
Pepe do Real (Fillo de "O Real" de Pacios)

"Mais ti xa sabes que na cidade viven
-e opinan, que é o peor- os iñorantes
por partida doble: os que teñen un livián
contaito coa cultura elaborada -poucos
libros e mal leídos- e un contaito aínda
máis livián coa terra- que é a cultura viva e fecundante"

D. García Sabell

Pepe do Real é o nome polo que todos os da Valura o coñecemos por ser tamén menciñeiro e sucesor de "O Real", único herdeiro e tamén do seu saber do mundo da Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (15)albeitería e ser tamén a persoa que me informou deste contido e doutros relacionados con este mundo da curación.

Pepe do Real, chámase José Campo Expósito, é tamén como o seu pai un home alto e coas mesmas calidades que o seu pai e aínda melloradas porque continuou na casa e na súa profesión, combinando xa o mundo lácteo dos anos 85 para adiante, cos seus cambios e co moito avance no mundo da produción láctea e na crianza das vacas que combinaba tamén co mundo da albeitería.

Pepe do Real xa non usaba a cabalaría como seu pai para ir ás casas dos labregos, senón que xa tiña unha Moto Guzzi vermella, aínda sen carné porque non facía falta, soamente se necesitaba un permiso para conducila, pero conforme pasaron os anos xa utilizaba o coche para as súas consultas.

Os desprazamentos chegaban a Asturias, A Coruña, Monterroso e onde había gando máis ben de carne, daquela a xenética non era pura porque había moitos cruces de razas distintas que desfiguraban a razada.

Por aqueles tempos, había moi poucos veterinarios e moito gando, non chegando aqueles había que botar man dos albeites e Pepe era un bo menciñeiro ao que chamaban xentes moi coñecidas e tamén o chamaba o caseiro dos Rosóns, que tiñan unha granxa de vacas en Adai, para facer cirurxías, acompañado do veterinario de Castro do Rei, ao que lle ía axudando e tamén ía copiando; por iso ás veces el mesmo chegaba a facer cirurxías co mesmo veterinario, o que tamén ás veces lles dicía aos labregos que chamasen a Pepe do Real para facelas.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustración: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES