Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

70º Norte, a primeira novela de Xaime Toxo.

jueves, 07 de marzo de 2024
É pedagogo, con moito de filósofo, creador e mantedor de plataformas culturais, na actualidade presidente do Ateneo de Pontevedra.

Escritor de poesía (Caderno de mar, A casa sen nós) e narrativa (relatos: Mouro é o rostro da memoria, As palabras que move o mar, Protexer o invisible e acaba de 70º Norte, a primeira novela de Xaime Toxo.presentar a súa primeira novela: 70º Norte). Gusta de unir as artes e nos libros de poesía ten traballado con Antón Sobral e Juan de la Sota para avanzar na obra.

Este último traballo parte do relato premiado co accésit do certame Modesto R. Figueiredo "Eco da afasia". Cando traballamos o fomento da lectura e a comprensión lectora coa rapazada facemos algo que nunca está de máis facer consciente, tamén, cando tratamos cunha obra de adultos. Mirar o título e o que nos suxire 70º Norte, prestaríase a un diálogo no que todos e todas temos moito que dicir, por exemplo, se falo eu debo facer referencia a Bogotá, unha cidade inmensa na que a pobreza viña do Oeste e do Sur, un territorio inseguro do que fuxir; dicíame un profesor "unha mañá, de pronto, dáste conta de que a "contaminación - sucidade" chegou ao teu barrio e tes que irte máis ao norte" -se é que podes-, a cidade vai sendo tomada, nesa dirección, desprazándose e desprazándote. O perigo vai avanzando. O significado, como dicía tamén está en cada unha de nós, na experiencia vital e literaria que achegamos, pero seguro que compartimos a utopía do Norte seguro porque ademais Norte e Sur teñen un significado propio e común a todos nós, porque cara onde van os movementos migratorios?

Buscamos o paralelo 70º Norte e vemos que está no Ártico (anaco de Noruega, Finlandia, Rusia, USA; Canadá, Groenlandia). A capa, esa fotografía de Anxo Cabada fainos sentir frío, unha maraña vexetal, auga?, un cervo: case unha esperanza.
Pasamos á contra cuberta e lemos. Colapso social, áreas metropolitanas cun ritmo desaforado e indiferentes a todo o demais, praga contaxiosa, extinción, salvación na natureza, un campamento nómade, para sobrevivir moverse cara ao norte, que pode salvalos / salvarnos? Natureza, saberse unha parte da vida do planeta.
Xa o temos! Unha distopía (ou antiutopía). Despois da lectura podemos engadir: que deriva da actualidade, que fala da memoria individual e colectiva, dos espazos de fronteira (onde nos atopamos co "outro"), do acto da escritura, do valor da palabra, diso que anuncia o fin de época (incomunicación, imposibilidade de expresarnos e entendernos), da busca da casa...

As cidades como templos do hiperconsumismo, da rapidez e do aglomeración facilitan a pandemia, ou provócana directamente? Onde está a posibilidade de salvación?
Na natureza! Entón lembramos Vitamina N Guía esencial para unha vida rica en Natreza de Richard Louv (Como un manual de autoaxuda explícanos que é necesario interactuar coa Natureza, descubrirnos a nós mesmos a través dela. O contacto con ela enriquécenos e cura: reduce e alivia o estrés, libera tensións, mellora a saúde mental e física, aumenta a capacidade de pensar con máis claridade e ser máis creativos, reduce o illamento social, achega enerxía e estabilidade. Permite observar, escoitar, tocar, olfatear conscientemente. É terapéutica e produce benestar. Achega beneficios tamén a nivel de alimentación de proximidade... Unha vez que comeza o contacto con ela non podes deixala, chama por ti, din. Unha tendencia. No noso país pódese ver a nivel literario nesa colección de Kalandraka "Vitamina N" que comeza con ese título e que atopamos, por exemplo A torre de Antonio Sandoval, autor tamén do álbum ilustrado que non debedes perder A árbore da escola.

Unha distopía e unha esperanza á que agarrarse. É o que teñen os libros, que nolo dan todo!
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES