Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O futuro que queremos!

viernes, 08 de marzo de 2024
No Día da Muller deste ano as Nacións Unidas invitan a celebralo baixo o lema: «Invertir en las mujeres, acelerar el progreso». Se non se teñen en conta «Todos os dereitos e Todas as mulleres» (o noso lema do ano pasado) é difícil que ese progreso acelere porque, segundo recoñece a Convención sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional, as mulleres e as nenas están suxeitas a múltiples formas de discriminación, acentuadas nas zonas rurais. Tamén se está a solicitar que o 2025 sexa declarado Ano Europeo das mulleres e nenas con discapacidade como unha medida máis para tomar conciencia da nosa situación.
O futuro que queremos!
Resulta aburrido abordar sempre os mesmos temas, pero non queda alternativa e aínda que non son moi partidaria dos «Días de», xa que non nos podemos limitar a un día, tampouco se poden desaproveitar ocasións para sensibilizar e reflexionar sobre os desafíos aos que se enfrontan as mulleres con diversidade funcional e que afectan á súa calidade de vida e á súa participación activa na sociedade.

Unha vez máis temos que dar visibilidade ás situacións de desigualdade e marxinación que sofren. As formas de violencia que se exercen contra as mulleres en xeral vense agravadas no noso colectivo. Somos especialmente vulnerables pola dobre discriminación asociada ao xénero e á diversidade funcional e, aínda que se avanzou, hai que seguir loitando para que se respecte a nosa dignidade. O denominador común da falta de infraestruturas adecuadas e de apoios e recursos específicos, perpetúan a exclusión e maiores dificultades no acceso á saúde e atención médica, á educación e formación, ao emprego, á vida social e cultural...

A combinación de discapacidade e xénero sitúa ás mulleres nunha posición de desvantaxe no mercado laboral dando lugar a unha dependencia económica do seu entorno e presentando en todas as variables as peores cifras con máis paro, menos salario... Espérase que se dediquen ao campo doméstico e ao traballo non remunerado que iso implica. O ámbito familiar e social debe afastarse da sobreprotección para que non se sintan en función dos coidados doutras persoas. Como dato representativo nas entrevistas de traballo os bastóns, as cadeiras... case sempre ocultan o talento que pode haber detrás.

Quero sumarme a compañeiras doutras entidades de España que participaron nun Parlamento de mulleres con discapacidade baixo o lema ¡El futuro que queremos!, o pasado día 1 de marzo no Senado. Un futuro cunha vida digna en igualdade de oportunidades. Un futuro libre de violencia de xénero. Un futuro no que a inclusión sexa unha prioridade. Un futuro que defenda os nosos dereitos fundamentais. Un futuro que aposte por unha sociedade na que se valore a diversidade.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES