Regalos viventes
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 07 de marzo de 2024
Os regalos forman parte da vida da persoas.
Hai regalos para tódalas idades: desde o nacemento ata o pasamento.
Xeralmente, cando falamos de regalos, pensamos en algo material:
unha colonia, unha caixa de bombóns, un ramos de flores...
Eses regalos alegran a vida e forman parte das relacións interpersoais.
Pero tamén hai outro tipo de regalos de valor muy superior e outros de valor incalculable.
Son os regalos con vida propia:
REGALOS DO REINO VEXETAL
¿A quen non lle gustan as prantas ornamentais?
Recrean a vista, o olfato e tódolos sentidos.
-Unha pranta para a alimentación: ademais de vela medrar, dá alimento para a nosa nutrición.
-Unha árbore froiteira: florece tódolos anos, dá sabrosos e nutritivos froitos, sombra nos días de calor, leña para quentarnos nos días fríos de inverno froito da súa poda, e ó remate: madeira.
TÓDALAS ÁRBORES NOS DAN GRANDES LECCIÓNS:
Conservan as raíces fortemente ancladas na terra nai, sempre manteñen a mirada alta, dan alento para os humanos transformando o dióxido de carbono en osíxeno puro.
Coa súa madeira constrúense berces para bebés, todo tipo de mobles e incluso cadaleitos onde repousan os resos mortais de todos os que non teñen a desgraza de caer nunha fosa común por algún extraño motivo.
Do reino vexetal: aprovéitase todo.
REGALOS DO REINO ANIMAL
Unha mascota ten un gran valor para quen a posúe.
Un animal de compañía evita moitas depresións.
Un animal doméstico forma parte da familia.
Un animal salvaxe permite o equilibrio ecolóxico ademáis de ter unha beleza inigualable e unhas características que nos dan moitas leccións de supervivencia...
Do reino animal aprovéitase a forza para traballar, a pel para calzado, bolsos, abrigos, mobles, a carne como alimento, os ósos para piensos, o leite, o queixo e outros derivados.
REGALOS HUMANOS
Non cabe dúbida que son os de maior valor.
E non me refiro ó tráfico de seres humanos, nin de órganos.
¡Eso de ningunha maneira, por favor!
Refírome ós nosos proxenitores.
Uns proxenitores que regalan un novo membro para a sociedade están criando fillos para todos.
Certo que os autores da vida non son eles: eso pertenece ó Creador; pero os proxenitores son uns colaboradores excepcionais de primeirísima necesidade.
Os proxenitores son insustituíbles.
Todos temos un pai e unha nai.
Todos somos froito do seu sangue, do seu amor, dos seus coidados, do seu cariño, das súas ensinanzas...
Non hai no mundo nada que iguale nin supere ó amor dos proxenitores: é o amor que sae das entrañas, do máis íntimo que ten o ser humnano.
Cando por diferentes razóns, os proxenitores non poden facerse cargo da prole, aparecen os sustitutos: pais e nais adoptivos, familiares que se encargan da crianza ou institucións.
Pero xa non é igual.
Sexa como sexa a vida de cada un...
MOITO AGRADECEMENTO DEBEMOS A TODAS AQUELAS PERSOAS QUE FORON CONFECCIONANDO A NOSA PERSONALIDADE DESDE O PRIMEIRO MOMENTO.
MOITAS GRAZAS A QUEN OS BAUTIZOU:
Para integrarnos como fillos de Deus e membros vivos da Igrexa.
MOITAS GRAZAS QUEN NOS CORREXIU A TEMPO:
Para que non caéramos en erros maiores máis adiante.
MOITAS GRAZAS A QUEN NOS PROPORCIONOU O ALIMENTO NECESARIO:
Para ir fortalecendo o noso organismo.
MOITAS GRAZAS A QUEN NOS ENSINOU AS PRIMEIRAS LETRAS:
Aínda que fora á luz do candil como foi no meu caso.
MOITAS GRAZAS A QUEN NOS ENSINOU A PRIMEIRAS ORACIÓNS:
Para iniciarnos nas verdades da fe, que é a arma máis poderosa que pode ter un ser humano.
MOITAS GRAZAS Á ÉPOCA QUE NOS TOCOU NACER:
Ós que agora peiteamos canas.
Non tiñamos luz, nin radio, nin tele, nin internet, nin...
NON TIÑAMOS NADA; PERO TIÑAMOS MOITO:
TIÑAMOS UN COLO QUE NOS ACOLLÍA GARIMOSO TÓDALAS NOITES Á CARÓN DA LAREIRA
Ó tempo que nos quentaban as canelas, dábannos sabias leccións de moralidade que aprenderan dos seus ancestros.
A LAREIRA DAS CASAS DA ALDEA DAQUELES TEMPOS ERA UN LUGAR SAGRADO
Ó seu redor reuníanse tódalas noites os membros da familia á carón do lume sentados na parrugueira.
Colgados da cambota estaban os lacóns, os xamóns, o touciño, o unto...
Tamén había castañas no caínzo.
O lume e o fume curaban e conservaban todo.
Tamén colgaba da cambota o candil de gas que alumeaba suavemente o local dándolle un certo aire romántico.
Naquel entorno recibíanse os mellores regalos viventes, a mellor educación en valores: amor a Deus e ó próximo...
Regalos que, andando o tempo, agradecemos e valoramos.
"AGRADECER E VALORAR"
Este seá o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora