Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia de xénero (7)

viernes, 08 de marzo de 2024
A escola diplomática. ¡Que falta temos dela! Así como os países teñen relacións diplomáticas, o matrimonio, que tamén é un Estado, ¡un Estado de maiúsculas!, non as require menos para mante-la paz. Este Tratado chámase, Respecto Mutuo.

Intimidade, si, absoluta, pero con respecto mutuo, recíproco. Esta comprensión, este acatamento, na súa pureza non pode ferir a personalidade de cada quen: Razoar pero non discutir. ¡É facilísimo cando hai bondade e comprensión de parte a parte! Comprensión, si, pero dentro da dignidade; co adulterio desterrado, por suposto, pois o matrimonio é de entrega e de pertenza absolutas, ou non é tal!

¿Onde están os mestres desta escola, da matrimonial? A metade da Historia refírese aos matrimonios perfectos, e a outra metade aos imperfectos. ¡Trátase de escoller pois de onde copiar, de onde coller apuntes, hai! Pero, unha advertencia: Ao matrimonio hai que ir maduros, preparados, pois o que ten mal ingreso corre o risco de suspender nos cursos seguintes. Os países espíanse antes das Declaracións de Guerra; os matrimonios tamén precisan indagacións, comprobacións serias e meticulosas, que xa tivemos guerras a pretexto de que en Tal Parte tiñan armas atómicas, pero o que tiñan era..., fame!

Outra advertencia: Nestas escolas coidado coa chamada da carne, que pode envelenarnos..., se está podre!
-.-

A traxedia de criar / educar fillos sen a presenza de amor conxugal. Non me atrevo nin sequera a comentalo, así que o deixarei nesta soa verba: ¡Traxedia!
-.-

A dos desarraigamentos. Replantar árbores ten os seus riscos, por precaucións que se Violencia de xénero (7)tomen; ¡que mo digan a min, que destes fracasos sei, de propia experiencia! Pero o de transplantar persoas, aí que se vai!

Neste intre estoume lembrando daquel rapaciño de Vilarvente, que, incorporado á estudantina do inmediato Lugo, aceptou a aposta de beberse unha botella de coñac, ¡enteira! ¡Ía de beber auga! ¿Por que será que tamén hai quintadas fóra das quintas?

Teoría do conflito cultural, que a explicou perfectamente Thorsten Sellin. Fomenta a delincuencia, cultiva esa predisposición dos..., dos bípedos sapiens! Recolle ese choque cultural que supón a convivencia nun mesmo entorno de persoas que proceden de distintos países, con diversas culturas, cando as leis dunha cultura son estendidas ao territorio doutras, ou cando os membros dun grupo cultural migran cara a outro grupo, que non lles queda máis remedio para sobrevivir que integrarse á cultura maioritaria, ou marxinarse e dedicarse á delincuencia. As persoas que non incorporen / que non se incorporen, ás normas impostas nun proceso de socialización específico non percibirán que as súas conductas son cualificadas como desviadas ou criminais pola cultura dominante.

¿Que ten que ver iso do conflito cultural coa violencia de xénero? ¡Case nada; todo, pois no matrimonio incorpóranse dúas culturas, dúas mentalidades, dous egos..., así que tan só a prudencia e maila aceptación farán posible unha convivencia harmónica! Os cacharros, ao romperse, fan estrondos, ¿non si? ¡Pois as rupturas matrimoniais, outros cacharros!

Prudencia, aceptación...? Si, son indispensables, pero tamén sería oportuna unha freada a tempo, coa presión suficiente por parte do inxuriado para advertirlle á/ao acelerado/a que por aí non se pasa, que está advertido/a, pero utiliza as consecuencias dunha separación..., a tempo de evitar peores consecuencias!

.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES