Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia de xénero (6)

martes, 05 de marzo de 2024
. Aqueles asasinos que fosen malos-malos estarán incomunicados no inferno; ¡xa o di a verba: incomunicados!

. Os malos, pero con atenuantes, irán ao purgatorio, -penso eu-, e alí terei abondo con ocuparme das miñas faltas.

Tamén se suicidou Xudas... ¡Claro; decatouse do que amaba ao Mestre, pero iso foi despois de denuncialo, despois de traizoalo, de poñelo en perigo! ¡Caso máis parecido...!

O home que maltrata á súa muller é porque a quere distinta, diferente... ¡Queren que sexa máis..., ao seu xeito! ¿Que sexa mellor? ¡Pois, igual, non, que tamén pode ser que a queiran peor, que sexan peores, máis iguais cá eles! ¡Burros: A muller ten que ser distinta, complementaria, pois, de ser idéntica, non casaría, non se axustaría ao modelo!

Tamén existe a loucura... ¡Lamentablemente, si! Por certo: Seica a temos de dous tipos: A "loucura de amor", do tipo daquela Juana, esa que pasou á Historia como "Juana la Loca". E despois está a loucura "de odio", séxase, de envexa, como foi, seica, aquela de Caín con respecto a seu irmán. ¿Que se pode facer cos loucos? Unha de dúas: fuxir deles, ou encerralos. Os médicos, niso, aínda están verdes; ¡Deu-los ampare! ¿A quen, aos médicos? ¡Si, pero aos loucos, tamén; meus pobres!

Din que os loucos son pacíficos en tanto en canto non se provoquen, ou non se lles contradiga; ¿non será que neses casos as mulleres respectivas fixeron algo..., provocativo? ¡A resposta téñena elas, só elas, pero, como non lles apliquen ese soro da verdade...! Por certo: Non sería mala idea naqueles casos en que non resulte visible se houbo, ou non, provocación; provocación negativa, se entende!

¡Tantos psiquiatras que terminan a carreira e non destaca ningún que invente un antídoto contra a violencia de xénero? ¡Uih, chéirame a can: Non será que calan, que gardan o segredo, por medo ás mulleres? Hai indicios..., hainos!

Aos normais, aos que nos temos por tales, cada día de matrimonio é unha volta de tixola: ¡cadora máis fritos, máis namorados! ¡Por min falo, espiritualmente por suposto! Violencia de xénero (6)Falando disto, ¿il non será un problema do falo, que non o controlan, que se lles alborota o cotarro? ¡Daquela que os capen, que ben doado é!

Mirade que hai cousas sen solucionar neste mundo, pero esa das desavinzas conxugais é das máis bélicas; se non se entenden dúas persoas, como o van facer dous pobos, dous países, dúas razas? Corre présa soldar os matrimonios, que igual é a chave, o sistema que convén aos pobos, para iso, para convivir en paz, que por algo se empeza.

Que non me interprete mal o lector, que non estou de broma, nin nada parecido, pois, ¡coas cousas de comer, non se xoga! ¡E coas do colchón, tampouco, pois os segredos de alcoba tamén son o pan de cada día! Que recen máis e que roñen menos, a ver se así... ¡Seguro que esta receita é mellor cá dos psiquiatras!
-.-

A mecanización que nos trouxo o século XX. Non lle damos a importancia á transcendencia que tivo no orde moral; avanzamos moito, concentrámonos, masificámonos en núcleos urbanos que levaron consigo a desintegración do modus vivendi rural, que xa estaba maduro, moi consolidado moralmente.

Non lle damos a importancia que tivo esta desorganización; ou, se o preferimos así, esta reorganización. O rural, con aquelas convivencias de cercanías, parentescos, compartimentos parroquiais, etcétera, quentaba e reavivaba na ética persoal, facendo máis humanas as relacións humanas. Ao mecanizarse a urbe, fose no propio país ou fóra del, creáronse uns postos de traballo que foron forza centrífuga para o rural: ¡en masa! ¿Factores? ¡Competición laboral para abranguer os mellores postos, pisadas, inxurias, difamacións...; anonimato nas actuacións con respecto á veciñanza; estorbos recíprocos, en todo e por todo, amén dunha febre de dereitos que era descoñecida cando os produtos viñan da terra labrada, e só dela!

A delincuencia, na urbe, conta con abeiros e con transportes que lle permiten un mellor encubrimento; e tamén están as películas, co moito que levan ensinado a mentir, a roubar, a matar...; en definitiva, a ocultarlle probas á policía.

A cidade ten medios civilizadores de alta eficacia, pero requiren tempo, dedicación e aportacións presupostarias. Citarei:

. Estimular a aportación - colaboración das igrexas, institucións, asociacións, empresas, e demais asociacións ou agrupacións formativas.

. Estimular a participación cívica en actos culturais.

. Policía local e demais medios de control e/ou de asistencia.

. Dotación de medios formativos de acceso xeneralizado.

. Predicar en contra do racismo, á vez que se solicita dos achegados que renuncien ás súas particularidades diverxentes, comezando pola vestimenta, pois nada illa tanto como presentarse diferente.

Ora ben, todo isto é fácil de dicir, instantáneo, pero non así a súa execución, pasar do proxecto á obra, que leva tempo, moito; e tamén esforzo, moitísimo.
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES