Vello e sempre mozo mar
Cabada Castro, Manuel - miércoles, 06 de marzo de 2024
Mar, ben te vin antes de o sol se pór
despeiteando a túa barba branca
en loita contra a rocha ben chantada,
decidida á túa teima se opor.
Leito dáslle gratuíto ó ardente sol,
eivado e canso trala gran xornada.
No teu peito hai vida e tamén desgraza,
escuridade, misterios e dor.
Manteste mozo dende o mesmo albor
en empatada loita cos cantís
e coas virxes rochas do meu amor.
Faime ben, mar irmán, ollarte así!
Inquedo, libre, belo e bailador.
Noite e día seguirei onda ti.
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora