Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia de xénero (5)

viernes, 01 de marzo de 2024
- ¿Por quen vai ser? ¡Polas monxas, pois as rapazas casadeiras, segundo a miña Lei terán que facer un curso prematrimonial nun internado de monxas!

- Polo que me fuches dicindo, ti consideras o matrimonio coma unha carreira... ¿De cantos cursos?

- Con menos de tres anos de noivado ninguén se debía casar..., para ter un coñecemento previo e axeitado da carreira que proxectan exercer. Atende ao que che digo, que eu non son Mestre pero si que teño mestría: O máis importante non é saber porque discuten as parellas (o negativo da cuestión), senón coñecer, descubrir, analizar, como se resolven os conflitos na súa nacenza, séxase, antes de que medren! Os diálogos é a mellor recomendación para vacinarse de conflitos; así que, para os desacordos que non teñan solución, tolerancia!
...
De chegados a este punto, en vista dos desvaríos imparables do meu Asturiano, co Violencia de xénero (5)pretexto de que tiña que levar o auto a pasa-la I.T.V., aínda que coa promesa de volver a entrevistarnos cando me autorizase a miña muller, fixen mutis polo foro da prisión! Pero non me fun de Bonxe sen falar cun dos médicos do cárcere, e conteille o caso.

- ¡Pobre asturiano; que pouco honor lle fai á súa raza, tan correctos que son coas mulleres, que aí temos o caso de Franco..., e mais non era asturiano! Este segue delirando, aínda que lle estivo ben por casarse cunha prima, cunha galega, que iso é endogamia!

- Non eran primos, doutor, senón simplemente amigos, fillos de amigos.

- O de primos é un dicir, pois os asturianos din que, gallegos y asturianos, primos hermanos, pero que os primos somos nós, e eles, irmáns! O que che quero dicir é que a culpa de canto lle pasou tívoa el porque..., voucho dicir: por presentarse a exames sen ter a sinatura estudada! ¿Que galego compra unha res para a cría sen que primeiro lla recoñeza un veterinario? ¡Ao matrimonio hai que ir, ámbolos dous, de parte a parte, ben estudados, ben talentados, pero facémolo con excesiva superficialidade, e máxime agora, que coñecemos esa porta falsa do divorcio, que é máis Falsa cá da muralla de Lugo!

Dinlle as grazas ao médico, pero tamén fuxín del pois estaba visto que á media humanidade fáltalle ferver outro pouco, que aínda temos xente cru nesta merenda da vida terráquea. ¿Que van quitar os manicomios? ¡Pois é unha pena! Se eu mandase, construiría menos AVEs e máis centros psiquiátricos. Está visto que imos á présa, e tanto corremos, tanto nos aceleramos nas decisións, que remataremos no fondo dun barranco. ¡Desta a culpable non vai ser a mazá, senón a propia parella, ambos, xuntos, asemade, xa que, nin xuntos nin separados facemos gran cousa por acadar o máis importante deste mundo, a perfección na convivencia pacífica! Preocupámonos máis da penetración que da compenetración... ¡Egoístas que somos!

De novo na casa, repasei a Lei, pero..., ¡tempo perdido, polo menos ata que alguén me diga onde está prevista a protección do varón, así como os Tribunais de Varóns, para os casos en que a violencia sexa de signo oposto. ¡Non é frecuente, pero..., tamén pode existir!
-.-

TÍTULO II.
DERECHOS DE LAS MUJERES VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE GÉNERO.
CAPÍTULO I.
DERECHO A LA INFORMACIÓN, A LA ASISTENCIA SOCIAL INTEGRAL Y A LA ASISTENCIA JURÍDICA GRATUITA.

Artículo 17. Garantía de los derechos de las víctimas.
1. Todas las mujeres víctimas de violencia de género, con independencia de su origen, religión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social, tienen garantizados los derechos reconocidos en esta Ley.
...

TÍTULO V.
TUTELA JUDICIAL.
CAPÍTULO I.
DE LOS JUZGADOS DE VIOLENCIA SOBRE LA MUJER.

Artículo 43. Organización territorial.
Se adiciona un artículo 87 bis en la Ley Orgánica 6/1985, de 1 de julio, del Poder Judicial, con la siguiente redacción:
1. En cada partido habrá uno o más Juzgados de Violencia sobre la Mujer, con sede en la capital de aquél y jurisdicción en todo su ámbito territorial. Tomarán su designación del municipio de su sede.
.../...

Violencia de xénero (5)
¿Igualdade de xénero? ¡Se acaso, para o XXII! Pero, tampouco, porque é imposible: ¡Só Deus o podería facer, reciclándonos, e Deus non fai absurdos! O home, ¡un prototipo!, saíulle algo bruto, pero na compañeira puxo máis esmero, e saíulle perfecta: un anxo! ¡Somos complementarios, e por tanto, estamos destinados a convivir, a complementarnos!

Como, gracias a Manuel Cordero e a Clara Campoamor, a muller xa vota, desde o ano 31, non se lles pode esixir que ignoren o Artigo 14 da nosa Constitución: "Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social". ¡Non o digo eu, que o dixo a Constitución!

¿Que é o que queren mellorar, elas; acaso a estatura? ¡Xa o fan, cos tacóns, e caro que o pagan..., de vellas! ¿Na intelixencia? ¡Xa o teñen, a tal punto que, cando as mata un compañeiro, tan desesperado o deixan que o primeiro que pensan, eles, e ás veces lógrano, é no seu suicidio! Aquí, nisto, é onde teño a gran incógnita: ¿Por que adoitan suicidarse eses matóns das propias mulleres? ¿Queren refacer o seu matrimonio no alén, no purgatorio?

Aquel que me saiba contestar, por favor, que colla o meu correo electrónico, e mo diga; non quixese deixar esta interrogante para o Alén, por estas razóns:
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES