Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (14)

viernes, 01 de marzo de 2024
Curiosidades da Menciña de "O Real"

Parece ser que a cura consiste en saber
o nome do demo que nos habita; unha vez
que se propala que o demo fulano está está
no corpo de Zutano, o cornudo non ten máis
remedio que irse.

Álvaro Cunqueiro.- Xente de aquí e de acolá.

Daquela, entre o 1920 e o 1970 xa había sociedades gandeiras formadas por gandeiros ou por tratantes que José Antonio Campo López representaba como menciñeiro para observar as vacas e dicir se eran sans ou enfermas, para iso, Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (14)escoitáballes o pulmón e os distintos órganos e dicía se a vaca en cuestión era ou non era sa.
Polos anos 30 había moitas nacidas e tamén o carbuncho sintomático, que era unha enfermidade mortal, iso acabouse grazas á menciña e ás vacinas. Tamén había a glosopeda que era como unha gripe vacúa que tiña como síntoma que as vacas que a recibían peláballes a boca e quedábanlle sempre secuelas. O "Real" contribuíu moito a erradicar estas enfermidades porque estas vacinas soamente as tiñan os veterinarios, mais ao "Real" dábanllas, por iso non había albeites coma el por toda a redonda.
José Antonio tamén traballaba no campo, tiña vacas, e rexentaba a gandería ao mesmo tempo que a menciña, uns chamábanlle albeite e outros menciñeiro.
Hai unha curiosidade deste menciñeiro ocorrida na Ponte de Outeiro, no barrio do "Amieiro" onde vivían Antón do Amieiro e o Italiano, que soamente falaba castelán, e que estaba casado cunha irmá de Antón que viñera da Arxentina, onde se coñeceran. Á casa de Antón do Amieiro viñera antes outro menciñeiro que utilizaba a meiguería como método de curación través da palabra e da oración, mais non conseguira sandar as vacas que estaban enfermas e por esa razón chamaron ao Real de Pacios para que llas fose ver e en véndoas deulles unhas fórmulas da farmacia para sandalas e a todo isto o Italiano, ao que non se lle escapaba nada, díxolle: "Muy bien, Usted, por lo menos, utiliza droga" porque lle parecía que a meiguería non tiña posibilidades de curación, é dicir, que aínda que non fixese nada polo menos facía o posible para sandar as vacas. A todo isto, estamos falando dos anos 40 do século pasado, cando O Real lles ía ver as cabalarías aos médicos e aos curas, pois aínda que Deus fai milagres, ás veces, chamaban ao Real para que os fixese.

Texto.- Xosé Otero Canto
Ilustración.- María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES