Unha conciencia que formar
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 29 de febrero de 2024
Que vivimos nun mundo materialista, ninguén o pon en dúbida.
A sociedade está materializada; pero non na súa totalidade.
Afortunadamente, quedan moitas persoas que saben que a materia é moi necesaria como un medio para alcanzar unha finalidade superior.
Por esa razón adquiren unha formación para desenvolverse dignamente na vida.
Cada persoa ten o seu posto na sociedade.
Tódolos traballos son igualmente dignos se se fan a conciencia.
Pero para facelos a conciencia, precisamos tela preparada.
Prepara-la conciencia é un labor moi complexo: empeza co nacemento e remata co pasamento.
Tódalas persoas temos unha conciencia individual que debemos cultivar na diferentes vertentes da vida.
En pimeiro lugar debemos tomar conciencia de que os nosos actos deben contribuír a favorecer o crecemento interno da nosa propia persoa.
Penso que desde moi pequeniños, somos conscientes de cando facemos unha cousa todo o mellor que podemos ou cando a facemos mal.
Unha criaturiña de pouco anos xa sabe se o está facendo ben ou non.
A súa conciencia avísaa: cando obedece ós proxenitores ou non, cando repecta ás persoas maiores ou non, cando se porta ben cos amigos ou non.
Os estudiantes saben perfectamente cando aproveitan ou non.
A xuventude sabe perfectamente cando leva unha vida ordenada ou desordenada.
E os adultos que o queren entender: téñeno moito máis claro.
Saber, sabémolo todos pero:
¿POR QUÉ FALLAMOS?
Fallamos porque somos esgoítas, pensamos en nós mesmos sen ter en conta os demais.
Fáltanos educación para comprender que todo o que facemos ten as súas consecuencias.
Se nos portamos mal cos demais..
¿Podemos esperar que se porten ben con nós?
¿Qué tipo de mundo estamos construíndo?
¿Qué exemplo dámos á xente nova?
¿Qué legado deixamos?
Claro que a veces costa moito comprender que o mundo pode mellorar...
Pero se cada un de nós aporta a súa parte: xa está colaborando na melloría global.
PODE QUE A NOSA APORTACIÓN PAREZA DIMINUTA; PERO Ó REMATE DA VIDA DUNHA PERSOA O QUE IMPORTA SON OS BOS RECORDOS QUE DEIXA NO CORAZÓN DAS PERSOAS QUE CAMIÑARON CON ELA Ó LONGO DA VIDA.
Importa pouco que esa persoa sexa crente ou non: o que importan son as obras feitas a conciencia.
Claro que o ser crente axuda moito porque Deus ten remedio para todo.
Deus é a forza mesma que nos impulsa ó bo obrar tanto se somos conscientes como se non.
A fe é un regalo que se ofrece a todos pero non se impón a ninguén.
O que si está claro é que a conciencia necesita formarse, necesita educarse.
Para poder educarse ha que ser moi conscientes das nosas obrigas para con nós mesmos e coas persoas que nos rodean.
Para con nós mesmos cultivando todo aquelo que contribúa ó noso crecemento persoal como cidadáns de ben: como bos fillos, como bos pais, como bos profesionais, como bos amigos, como boas persoas, como persoas santas.
Persoas de proveito para nós mesmos sen esquecer a nosa dimensión social.
SOMOS SERES SOCIAIS POR NATUREZA.
Sen os demais non somos nadie.
Somos o que somos grazas as aportacións que nos ofrecen os demais sobre a nosa persoa.
PRECÍSANSE PERSOAS ÍNTEGRAS EN TÓDALAS CLASES SOCIAIS, EN TÓDALAS PROFESIÓNS E DE TÓDALAS IDADES.
Un obreiro que actúa a conciencia é unha persoa feliz.
Un enxeñeiro que actúa a conciencia é igualmente feliz.
Unha criatura que actúa en conciencia é feliz.
Un ancián que levou unha vida correcta, é unha persoa feliz.
O que verdadeiramente produce felicidade son os actos derivados dunha conciencia ben formada.
Para formala precísase axuda ademáis do esforzo persoal.
Unha conciencia ben formada ocúpase do beenestar persoal e social coa mesma intensidade.
Un pai de familia coa conciencia ben formada é a mellor riqueza no fogar.
Unha nai de familia cunha conciencia ben formada, non hai nada que a supere.
As criaturas que medran no seo de familias con conciencia do seu deber, son o mellor regalo para a humanidade.
Tódolos regalos son bos, pero como os viventes, non hai outros.
"REGALOS VIVENTES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora