Tempus fugit... Home Xa!!!
Naseiro, Estrella - lunes, 23 de marzo de 2009
Estou traumatizada! O outro día chamáronme señora
! A mín
! Bueno, aínda que pensándoo ben
, podía ser tranquilamente a nai do rapaz que mo dixo.
Isto do paso do tempo elles moi complicado; primeiro non che deixan facer moitas cousas porque es moi pequena, cando xa tes medrado un pouco réñenche porque xa es maiorciña para facer outras
non hai quen entenda, e sobretodo ás nais que están todo o día enriba de tí nunha especie de acoso e derribo que semella que xa saben o que vas facer moito antes de que a ti se che pase pola cabeza.
Eu son da xeneración criada na casa polas nais; daquela moi poucas mulleres traballaban fora, o que non quere decir que non traballasen. A miña nai adicábase ás Sus Labores (como poñía o carnet de identidade), había que ecender o lume na cociña e se lle daba por non tirar enchíase toda a casa de fume, non había auga quente nin lavadoras, había cochos e galiñas que atender
i eu andaba todo o día ás carreiras dun lado para outro.
O que diferenciaba a miña casa das máis era que sempre estaba chea de mulleres aprendendo a bordar. O meu pai tiña un comercio e con cada máquina que vendía regalaba un curso de bordado, e mira ti que casualidade, foi casar cunha bordadora. Así que eu medrei no medio de máquinas Singer e Alfa, de fios e tesouras, de teas e puntillas
pero é que a miña nai aínda lle daba tempo a bordar para fora. Cando había algunha voda, levábanlle as pezas de lenzo para que fixera o enxoval da noiva, porque daquela non se vendían feitos nin os xogos de cama, nin as mantelerías, nin as toallas
e todo pasaba polas máns das tres ou catro bordadoras que había en cada pobo.
Pois, con todo isto, aínda lle deu tempo a criarme. Pouco mais facía eu que falar, levoume a casa dunha veciña que era mestra para que aprendera a ler e escribir, e alí estiven ata que con seis anos entrei en primeiro de EXB. O que máis me amolaba da escola de Doña Pilar era que, antes de sair, tiñamos que rezar o Padrenuestro e a tabla de multiplicar, coido que foi aí cando lle collín tirria ás matemáticas.
En poucos anos as cousas cambiaron moito. Está ben que a muller traballe e teña a súa independencia. Se nun matrimonio ámbolos dous traballan fora deberanse repartir as tarefas domésticas
Pero cando hai nenos todo é moi diferente. Nin a pleiesteixon, nin o ordenador, nin o mp3, ou 4, ou 5
poden sustituir a unha mamá que lle teña preparada a merenda ao seu fillo e falen un pouquiño de como foi o día no cole antes de se poñer a facer os deberes. A día de hoxe, hai moitas casas nas que non hai tempo para que pais e fillos esteñan xuntos, e iso ten un precio moi alto, moito máis caro que a hipoteca que hai que sacar adiante ou as letras do coche novo
porque o tempo non se merca. E o amor?
Adicado a Antonia, a miña nai, e a Antonio, o meu pai.

Naseiro, Estrella
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora