Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

5.300 € para o Ave

viernes, 20 de marzo de 2009
Os presupostos son a arma que o goberno emprega para exercer a súa función, de xeito que aplica fondos hacia determinados obxectivos mentras outros quedan relegados. Deste xeito, procúrase o cumprimento do programa inicialmente establecido.

Así, os presupostos ás veces poden conter determinadas partidas para simplemente figurar nelas como proba de interese por un tema determinado.

Síntoma dalgún interese aínda que non moi decidido é o manifestado polo Goberno cando incluiu no presuposto de 2008 a cantidade de 49.900€ con destino á línea de alta velocidade (AVE) entre Ponferrada (León) e Monforte de Lemos (Lugo).

Pero aínda que o investimento previsto neste concepto era misérrimo, á hora da súa execución só se investiu o 10,6% do previsto, pola cantidade de 5.300€ na definición da campaña xeotécnica do trazado.

A linea en cuestión prevíase que estívese en funcionamento entre 2012 e 2014, cuestión dubidosa diante da escasa intensidade investidora.

Efectivamente, os presupostos son o instrumento que o goberno ten para manifestar vontade en relación cun tema determinado. Vese que o AVE, alomenos entre Ponferrada e Monforte, non entra entre os temas do seu interese.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania