Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ricardo Seixo

jueves, 22 de febrero de 2024
As presentacións dos libros de Ricardo Seixo son unha celebración. Esa é a palabra: celebración. Non nos convida a comer senón a ler. Isto quere dicir que nos trata como a seres intelixentes, que sabe que xa estamos alimentados e dános de ler. Certamente os Ricardo Seixolibros mércanse, pero todo ten un prezo (cando pensedes que vos agasallan con algo debedes desconfiar porque ou xa o tedes pagado ou o ides pagar con intereses).

Seixo converte as presentacións en celebracións, nas que nos trae un libro, un recitado e a música, porque ela, a música, sempre está presente nas celebracións.

Ricardo converte o que podería ser un acto protocolario e aburrido nun tempo compartido. El dános máis do que nós lle imos dar, aínda que merquemos varios libros. Dános unha presentación normal sumada a un recitado da xente de "Gosto de vivir a poesía" e, aínda por riba, o grupo de música tradicional Maraxe. El coas súas fillas (Sonia e Noa) constitúe o grupo Maraxe. Eu, a isto, chámolle coherencia e boa convivencia.

Cando coñecín a Ricardo Seixo foi a finais dos setenta, na coordinadora de mestres que se reunía na Asociación Católica de Mestres na Coruña. Baixo ese paraugas tiñamos que taparnos e a igrexa axudou a que nos defenderamos da chuvia. Daquela, cando estabamos a elaborar a táboa reivindicativa na que un dos puntos era o galego na escola. Non podemos deixar de sorprendernos cando lembramos e comparamos: agora asinan polo plurilingüísmo para quedar algo máis preto da casa e conseguir puntos, mentres en Baleares o profesorado fixo unha folga contra o plurilingüísmo na que a famillia de Joan Miró lles entregou un cadro para compensar a baixada da nómina. Non todos somos iguais, nin nos parecemos moito os de agora aos de antes, nin os de aquí cos de outros lugares.

Ricardo sempre estivo na renovación pedagóxica, o sindicalisno e o nacionalismo. Un bo día descubrín que eran varios irmáns Seixo sindicalistas e, máis tarde, que tamén coincidían na música. El é poeta, docente, compositor e intérprete musical, que leva formando parte de grupos dende que comezou nos anos 70 co mítico grupo Verbas Xeitosas .

Agora, redescúbroo no asociacionismo veciñal e cultural, na A.V. Agra de Orzán Eles, os da Agra de Orzán, fanlle o seguimento ao barrio, e entregan no concello as propostas e reivindicacións, traballan coa biblioteca máis próxima (a Ágora), manteñen as clases e actuacións de música tradicional, no local e nas rúas, porque as ocupan para pasalo ben, para actuar e para ensinar, todo a un tempo. Divírtense e reclaman, todo á vez.

Aí temos outra característica que quero resaltar. Facer cultura en primeira persoa, actuar lendo, recitando, bailando, tocando, ensinando na rúa, gravando e lanzando á rede a poesía. Así son eles e elas. No seu pasar polas prazas e rúas do barrio (e non sei se máis alá) tocando, bailando, cantando e ensinando a quen quere aprender, sen necesidade de anotarse, fixar datas ou comprometerse. Eles e elas saben que sempre queda a semente que cae á terra e nalgún momento xermolará.

Ide tomando nota aqueles que estades pensando en crear algo cultural ou veciñal, que non teñen que enfrontarse, senón unirse. Neste momento, entendo que esta é a maneira, camiñar xuntos, mirándose con afecto, recollendo a quen chega, sen esas primicias de ti si ou ti non, como di Che Tembra "A min paréceme que construír a nación é un traballo no que todos facemos falla". Teño reflexionado moito sobre o activismo cultural e a cidadanía activa, fágoo seguindo as intervencións de Avilés e recollendo novas maneiras como as da Agra de Orzán.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES