De 'Comenta las Noticias'
Andrade, Fernando - viernes, 20 de marzo de 2009
DE COMENTA LAS NOTICIAS
(de ABC, Marzo do 2009)
As paredes diste chiringo van tendo xa tódala impotente procacidade dun retrete de postguerra.
As noticias se venden máis que a información. Nisto se nota que os periódicos son máis que nada empresas -nisto e nos anuncios de putas-.
¡As malas noticias xa non son noticias!
As ideoloxías son idearios artríticos. Por exemplo, non hai xa tecido conxuntivo algún entre o aborto e o buenismo; o esquelete progre vaise esmagar por eiquí.
Un cristianismo laico: ista é a extravagante proposta que se nos fai. Amar ó próximo, honrar pai e mai, non matar, axudar ós pobres, ós que sofren, ós que teñen fame e sede de xustiza, ós perseguidos. Ser mansos, comprensivos e honrados.
Pero, ¿a qué ven todo isto? ¿qué parvadas son estas? ¿pero quén di istas cousas?
Igual que os corpos flotan no espazo exterior, así flotaría a ética na nada.
O Estado ten as súas leis e a relixión os seus mandamentos -leis e mandamentos istes contraditorios dabondo-. Iste é o gran problema: que a relixión e o Estado son tan inmiscibles coma inseparables.
Coma probablemente diría Talleyrand do aborto catromesiño: peor que un crime, unha equivocación. Pero, aquelo foi verdade, había que velo: o impresionante reportaxe xinecolóxico da Tele, aqueles tenros dediños e orelliñas de 4 meses, inda recoñecibles; aquelas cariñas desfeitas as que inda se asomaba a infinda tenrura de Dios; aquela indefensión, desconsolo e nembargante terrible poder. ¿Pero non lles dará medo?
Interromper semella vir de inter = entre e de rumpo = romper, que sería tanto coma romper o tempo en dous cachos. Pero as Academias vacilan entre cesar e pausar. Nembargante, nos contextos, predominan teimosos vestixios de que, por exemplo,morrer non é interromper a vida senón acabala; e non digamos xa asasinar. Pola contra, as Academias, adocenadas polo pouco uso e a moita masturbación, consenten que a isto se lle chame interrupción do embarazo -¡culto eufemismo se non fora tan longo!-.
O madridismo (e calquera outra cofradía) non ven consistindo en ver bo futbol senón en apuntarse a gloria por un módico prezo; en gañar co equipo dunha Sociedade Anónima que tendo a metade dos xugadores estranxeiros, a sexta parte madrileños e menos da décima gatos, perde cos españois dun equipo inglés. Xa se ve que o millor equipo do mundo, coma outros moitos, non representa nada nin a ninguén. Fora de ombrear e de dar renda solta unha encuberta agresividade ¿qué queda pois dun madridista? Algo moi parecido sucede coas nosas adhesións políticas; calquera das dispoñibles.
O peor inimigo dos políticos non é a mentira senón o aburremento.
Ós políticos son un peligro.
A xente de dereitas ten sempre algo que perder e a de esquerdas, algo que gañar. Se nace xa así. É algo conxénito. Pero pódese cambiar.
Por fin ¡o peligro social! Alguén atreveuse a dicilo. Os chinos. Pero, ¿contra quén?
No noso pobo soberanoestá poñéndose de moda acatar pero non compartir o desacerto dos xuíces que son só árbitros por oposición e non poder inmanentealgún-. Ista contradición non existiría se a lei tivera millor letra.
De sempre, as cárceres foron sobre todo unha protección, un castigo e non tanto un reformatorio -que tamén-. Nembargante, o buenismo progre -o maquillaxe humanitario ise- está provocando horribles crimes cheos de comprensión e caridade cristián.
A pena de morte faríanos asasinos.
Eu, galego bilingüe pola gracia de Dios, desexaría ser se me deixan- tan español coma fora posible. Pero teño dúas dificultades. Se, coma parece ser, unha das miñas falas non fora considerada español, eu tampouco chegaría nunca a selo. Ademais, se a Galicia española onde eu nacín a miña nación, - fora dobremente discriminada coma tal, a miña españolidade sería xa imposible. Pero probablemente este problema sexa outro: bastante máis aló do Bierzo e Sanabria hai un independentismo centrípeto, controlado pero cargado de sinrazón.
Daqueles lodos viñeron istes barros. Por certo, dous importantes termos istes que, gardados no noso acervo bilingüe -coma estanno Estado e Nación-, as Academias deixan languidecer tranquilamente.
Pero ¿qué fixemos en América co español pra crear tantos millóns de estranxeiros analfabetos?. Máis ó norde, despois dos westerns, os ingleses non deixaron nin un. Pra que logo digan.
Segundo escrutinios, polo menos hai claramente dúas Españas; non unha. É un erro moi grande falar da mitade de España coma si fora España enteira. Se ve que os políticos son de letras, que xa de nenos non se lles daba moi ben a aritmética. Así non hai quen goberne.
Eu podo pensar como a Raiña pero a Raiña non.
Bibiana: a Malena metafísica.
Nada de Pepiño. Pepito péga millor con Blanco.
Hai que pechalos pianos. Ista é unha emerxencia.

Andrade, Fernando