Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia de xénero (3)

martes, 20 de febrero de 2024
Violencia de xnero (3) A miña, todo orellas en toda a entrevista, que nin que fose un Auditor deses da Rota:

-¡Estívoche ben, por Sultán! Demostraches ser máis Sultán que aquel can que paseaba teu pai polo monte da Providencia, alí en Gijón, que ata me parece lembrar que lle chamaba así.

O Asturiano, nin con esas; ¡non se acovardara nin ante o Fiscal do seu xuízo, que así o perdeu!

-Que a muller é intelixente, xa o sei; que ten unha memoria de elefante, sempre disposta a rememorar aquilo que nos poda amolar, tamén; pero aínda hai outra virtude, na que reparei por culpa túa, que llo contaches a meu pai cando estivestes en Asturias: ¡Que deixou de haber diferenzas na caixa dos Bancos desde que entraron operadoras, mulleres! ¿Lémbraste? O que non dixeches, daquela, nin eu souben ata que veu a miña separación, é que as mulleres, aínda que choren, aló por dentro son impasibles, e impórtalles un carajo que a cola da súa ventá chegue ata a mesmísima porta da entrada. ¡Esa é a súa arma secreta! Non estou por iso de que dúas tetas tiren máis que dúas carretas, pois elas tamén se espapallan cando teñen un home diante, mais cunha diferenza: que nós somos débiles, e caemos, mentres elas aguantan, e aguantan, e aguantan, sen derreterse. ¡Nunca teñen "gatillazos", que mo dixo un médico!

-Mira, ho, de médicos non me fales, pois o teu, o teu interese, a tal momento, que iso me dixeches, ten unha finalidade xurídica: Sentar as bases dunha reforma, séxase protestante, ou luterana, segundo prefiras!

-¡Vale, vale! Esquecíame que ti es un ex-bancario, e por ende, un pragmático redomado, pero teño aquí a Lei, ¡que a merquei tarde, pero lina! Vaian por diante algunhas emendas que teño anotadas: Artigo 1.1- "... la situación de desigualdad y las relaciones de poder de los hombres sobre las mujeres..." ¡Porras! ¿Onde está esa desigualdade, eses poderes, nestes tempos en que as mulleres tanto exercen de albaneis, como de gardas, ou de ministras do Exército..., e incluso aprenden judo? Todo iso ante uns homes que lles seguen chamando, "Miña dona"! O único poder que lles falta, sexa físico ou moral, é misar, e para iso téñeno cerca, que xa reparten hostias!

A miña non puido conterse e berroulle:

-¡Animal, sacrílego!

-¿Eu? Está ben, retíroo, pero aquilo de hostis, se mal non me lembro, tamén significa inimigos..., que a iso me quixen referir!

Non era así, pero, ante un preso, ¿que menos que permitirlle algún exabrupto? Un asturiano non se corta nin ante o moro Muza, así que este, tampouco:

-No punto 2 afírmase que se trata de, "...prestar asistencia a sus víctimas". ¡A única asistencia que recibín foi a de contar cun avogado de Oficio, e para iso, un rapaz, que chegou ao xulgado acompañado da súa noiva, á que lle deu un bico segundo entraban, pero ela, impasible, nin llo devolveu!

-Anda, triquiñolas: le ben esa Lei, que aí refírese á muller en canto vítima!

-¿E logo, eu, que fun obxecto dunha provocación reiterada, sostida, cotiá, non encaixo nesa cualificación? ¡Mal entrevistador es ti, que todos adoitan enxalzar ao entrevistado, sexa home ou muller!

Como igual tiña razón, calei, deixándoo que perorara. A dificultade estaba en que me fixera escribir ao seu ditado; ¡ou iso, ou nada!

-No 3 –seguiu analizando, á súa maneira-, hai unha terxiversación, xa que di, "...todo acto de violencia física y psicológica...", pero dio a continuación de, "La violencia de género a que se refiere la presente Ley..." ¡Cortizos! A Lei encabézase afirmando que os seus motivos van encamiñados ás relacións de poder dos homes sobre as mulleres..., do que se segue que recoñece unha violencia unidireccional! ¿As mulleres, unhas santas, e os homes, uns diabros, forzudos e matóns? ¡Algún, si, pero, todos, non! ¿Sabes que che digo? ¡Teño a sospeita de que esta lei foi redactada ao son da marcha nupcial de Mendelssohn! Puedo prometer, y prometo..., hacer lo que tu ordenes, amada mía, tanto aquí como en el Congreso! ¿Un tribunal especial para elas, e só para elas? ¡Isto, ademais de inconstitucional, é unha norma ad absúrdum, que nin que a redactase un daqueles eunucos de Cleopatra!

-¡Cínico, que es un cínico! -Espetoulle a miña muller, pero el seguiu impávido, obcecado, que é como adoitan estar eses homes que maltratan ás mulleres.

-Na miña defensa, -proseguiu o preso, inmutable, -e como alegación, tiven a sinceridade de manifestar que as últimas verbas da miña muller, despois dos azoutes, foi chamarme louco, e vano, pero foime contraproducente pois o propio Xuíz replicoume: "Despois dunha violencia, que nunca están xustificadas, ¿que pretendía obter vostede, acaso un bico, dos de parafusa?".

-¿E ti, que lle contestaches?

-¿Eu? Máis ou menos o que diría todo macho: ¡Señoría, váiase a tomar por onde se comeza para face-los cestos! Apuntouno nun papel..., ¡e foise! Pero aos poucos volveu o Secretario coa sentenza firmada: ¡Tres anos de reclusión, e quédalle prohibido achegarse a menos dun quilómetro da casa onde a súa esposa fixe a súa residencia habitual!

-Despois diso, ¿que lle dixeches ao Secretario? ¡Non lle soltarías outro taco!

-¡Non; salvo que lle chames "taco" a desexarlle que teña a ben casarse coa miña ex, agora divorciada, xa que por tan excepcional a teñen!
...

Persignámonos tódalas noites pero esta foi triple: Os periódicos, a tele..., guerras fogareñas a tutiplen, e por engado, os abusos do asturiano!

Pasamos media noite razoando, discorrendo, analizando casos, para chegar á conclusión de que medran os egoísmos; ¡canto máis prosperamos, máis egoísmos! En paralelo, Lucifer non descansa; nin descansa nin deixa descansar.

Esa Lei da Violencia frea pouco ou nada; e tamén está que os psicólogos non afondan nas desviacións humanas. En definitiva: ¡trunfos deste materialismo galopante! Para os preitos económicos temos unha lexión de letrados, máis para as desavinzas matrimoniais non hai doutores, ou é que non adoitan anunciarse. Con estes avances das gravadoras aínda non chegamos ao uso dunhas pulseiras fónicas que substitúan as alianzas matrimoniais; debían poñelas os curas cando se formula o "Si quiero", e levantar actas desas gravacións, traducidas do latín, para aportalas como probas xudiciais.

Aquilo do "In dubido pro reo",
Violencia de xénero (3)
como as mortas non se defenden, deixou de ter validez, e non hai atenuantes; ¡unha boa parte dos asasinos suicídanse, e así ocorre que en lugar de prisión solicitan o seu ingreso no inferno!
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES