Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mato de Xesús

martes, 20 de febrero de 2024
Algunha vez dei un paseo con Mato por Lugo. O que podía ser un percorrido de dez minutos duraba horas... tanta xente paraba para falar con el. Resignado, dicíalle: Mato quedamos no Centro, e aló chegaba coma quen di para cear.

Ía unha calor estraña para febreiro, pero o entorno de Belesar estaba vestido de festa coma na primavera. E aló chegou Mato, o de Xesús. quedou pequena a igrexa e a praza de Portomarín. Entrou no templo acompañado do Himno do Reino da Galiza. A cerimonia foi fermosa, en galego e acompañada do canto polo Orfeón de Lugo do que Mato foi director, sobrou algún responso en castelán. No medio do acto pareceume escoitar dende fóra, na praza, entre as xentes que non entraron no templo: - Mato sono io! (o tolo son eu). Non teño espazo para contar a anécdota, pero si, Mato foi un tolo de Xesús. Abriu camiños e foi pai para moitos. Cura da Montaña, creador de Fuxan, A Quenlla, A Romaxe, Radio Popular de Lugo, Auxilia... e mil historias máis. A casa de Mato era un arquivo vivo. Dende o chan ao teito amoreaban carpetas, gravacións de músicas, cantos, historias que estarían perdidas se non fora por el. O mellor de Xesús Mato era a retranca, o sentido do humor que é o máis san dos os sentidos; as indirectas que largaba, as miradas... Gozaba co encontro dos amigos, os últimos anos aló en Santa Mariña ensinaba o románico do lugar coma ninguén. Pero está tamén a rebeldía de cando expropiaron as terras para a presa. Mato, en sotana, púxose na cola con todos os afectados. Saíron os xerifaltes da empresa para coalo: -Eu son un veciño coma todos e agardo a miña quenda. Ofertáronlle mais cartos ca aos demais e dixo que non.

Remato cunha historia ben bonita. Unha tía moi velliña chamouno porque tiña espíritos na casa e quería que lla bendicira. Mato mercou un bote de tres en un: - Miña tía, esta beizón precisa que estea eu so. Botou o aceite en todas as portas, armarios, caixóns, bisagras... e os espíritos marcharon. Todos temos que mercar un bote deses...

Quedamos cos versos da canción Fuxan os Ventos, autoría de Mato:

No fondo da ialma
do noso pobo,
latexa a forza dun mundo novo.

Mato, botámoste en falta!!!!
Aramburu, Rubén
Aramburu, Rubén


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES