Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: A seguir o exemplo!

miércoles, 18 de marzo de 2009
Pedir perdón é un dos actos humanos máis valioso, lóxico, coherente, saudable e mesmo reconfortante da persoa humana. O único xeito que temos para facer visible e crible a nosa vivencia na verdade e xustiza, base da convivencia humana e do diálogo que leva á reconciliación e á paz. En definitiva, ao amor. Non hai experiencia humana máis fermosa e gozosa que recibir ou conceder o perdón!. A ledicia de perdoar e de ser perdoado! Ven a ser un acto case divino. Unha das meirandes aproximacións ao noso Deus. O Deus do Perdón, da Misericoria...do Amor!

Sen embargo, estes necesarios e fundamentais actos de humildade e grandeza ao mesmo tempo, seguen a escasear nesta materialista, egoísta e consumista sociedade moderna que avanza en moitas facianas da súa vida física pero segue desnortada na súa/nosa, tamén mediocre e cativa convivencia, fundamento da desexada fraternidade universal.

Traemos este tema á nosa reflexión porque estamos a ser testemuñas privilexiados de feitos que van facer historia. Para ben! Algo que debería ser normal e vivido, a diario e en todas partes. Nas nosas vidas, nas dos nosos irmáns e, sobre todo, nas dos dirixentes responsábeis directos de nos axudar a mellorar a calidade da nosa vida humana que está moi precisada de ser “humanizada”. A humanizármonos todos e todas! Teñen de darnos exemplo. Tanto na sociedade civil como na Igrexa e nas súas organizacións. Aínda non estamos afeitos a estas manifestacións públicas de petición de perdón, por outra parte sempre presente na Igrexa católica ao través dos séculos. Temos un Deus que se define como “Pai da “Misericordia e do Perdón”. Deixóunolo dito e confirmouno coa súa propia Vida, Paixón, Morte e Resurrección, Xesús, o Fillo de Deus, noso Irmán.

O papa actual, Bieito XVI, vén de facelo. Non sen traballo e esforzo. Mesmo con moita tristura e pesar. Unha actitude moi valente e coherente que é de loar e de agradecer. Un xesto que o honra. Acaba de admitir algúns erros na “Carta que ven de escribir a semana pasada (de propia man) e de enviar aos seus irmáns bispos da Igrexa Católica sobre a remisión da excomuñón dos bispos consagrados polo Arcebispo Lefebvre” que non admiten o C. Vaticano II. Un deles, incluso, segue firme en negar o Holocausto.

O goberno central ven de facelo tamén por non teren asistido (como era a súa obriga) ós actos organizados en Madrid polas vítimas do 11-M. Algo é algo! Debe continuar a se multiplicaren os exemplos. Entre todos nosoutros, nas nosas comunidades (na familia, parroquia, barrio, concello, traballo, vida pública, tempo libre) Os candidatos galegos (tanto os do goberno coma os da oposición) aínda non cumpriron coa súa xente, co seu pobo, con todos os galegos e galegas, despois dos insultos, desprezos e fallas de respecto que estivemos a padecer perante a longa pre/campaña e vergoñenta e insultante campaña das eleccións. Están a tempo, se están dispostos a facer algún signo vicible e crible. Coido que é unha obriga e mesmo unha das necesidade aínda pendente.

Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES