O Capador de Friol
O chiflo de capador é un instrumento musical
con tradición na Galiza e no País Vasco,
similar a unha flauta de Pan.
Tradicionalmente eran utilizados
por capadores que ían de casa en casa,
de maneira similar aos afiadores. (Wikipedia).

Chamábase Manuel de Xanelas, capador, menciñeiro e tratante de gando vacún. Manuel de Xanelas era alto, delgado e vestía a roupa de daquela, pero andaba cuberto sempre cunha boina. Tamén andaba a cabalo como case todos porque aínda non viñeran as motos e moito menos os coches; os cabalos, as eguas e as mulas eran os medios de transporte máis correntes e máis baratos.
O que isto conta viuno capar na Ramalleira, de Friol, fixo da seguinte maneira: colleu a cocha e deitouna, logo púxolle un pé no pescozo, sacou a coitela, cortouna e sacoulle "as súas partes", deulle unhas puntadas e botoulle unha menciña encarnada, que non sabiamos o que era. Sacoulle o pé de enriba e levantouse a cocha xa capada. Cobrou e marchouse de a cabalo.
Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero