Homenaxe a Salvador García - Bodaño Zunzunegui
Para o libro Tempo de ausencia de homenaxe a Salvador García - Bodaño Zunzunegui que organizou o Ateneo de Santiago, chegaron poemas dende toda Galicia e tamén dende Viena, Madrid, Alicante... de poetas que

ganaron premios nacionais e outros que acadaron os de diferentes certames do país, máis ou menos coñecidos, dunha e outra xeración... entre eles están os presidentes da AELG ou do Pen Club e non chegaron máis porque o prazo era demasiado apresurado; moitos así o comunicaron.
Fíxose evidente a xenerosidade dos e das poetas de cara ao Ateneo de Compostela e o recoñecemento ao poeta de Compostela, un home que tamén destacou por crear e formar parte de numerosas empresas culturais coma O Galo, o Museo do Pobo Galego, Escola Aberta, AELG, Museo Carlos Maside, Pedrón de Ouro, no Novo SEG,I nstituto Galego de Información, do Pen Club, da Fundación Castelao, da Asociación de Traductores/as en Lingua Galega, de GALIX, da Fundación Castelao, da RAG... que enviaron representación para o acto de presentación do libro.
Salvador seguirá presente por medio dos seus versos, en Compostela:
"Compostela é unha rúa longa
na memoria
onde vagan os nomes
e as horas
que cadaquén recorda...
Tempo de eternidade nas sombras
case vougas
a caer polos días
e as cousas
moino como unha choiva.
Van no libro da vida as follas
Xa sen volta
pasando sobre o atril
das lousas
sen que un se dea conta.
E as lembranzas igual que as ondas
veñen soltas
dende o fondo de nós
e todas
fan un mar que se alonga..."
E, en toda Galicia:
"Galicia é isto que vai en nós
e que nos leva
camiño aberto nos sulcos,
onde todo é porvir e non chega
(...)
Galicia do si, do non e do quén sabe,
duda inmensa
a falar sempre o que lle mandan
sin decir o que pensa.
Cándo
Galicia verdadeira?
I eiquí, sin máis,
esgázase o meu poema..."