Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

CAMPAÑA ELECTORAL: DÍAS AGRIDOCES

viernes, 16 de mayo de 2003
Rematada unha lexislatura cos seus éxitos e os seus fracasos, novas eleccións e nova campaña electoral. Son días agridoces porque aínda que queremos manter en alto a ilusión, as promesas incumpridas tamén pesan. Con moita frecuencia temos que cuestionar a ineficacia das palabras e, sobre todo, das leis que tanto custa conseguir. No Ano Europeo das persoas discapacitadas, de seguro que tódolos grupos políticos intensifican a súa oferta electoral dirixida a este colectivo. Tentan ser ''novedosos'' coas vellas reivindicacións...

Se facemos estudios comparativos con programas anteriores, as mesmas frases repítense unha e outra vez. Queremos ler algo novo, algo distinto. Sobre todo, queremos programas con proxectos que miren atrás. Si, proxectos que miren atrás. Estamos a referirnos, unha vez máis, á eliminación de barreiras arquitectónicas para facer que Lugo sexa a cidade de todos. Intentamos confiar no futuro cumprimento das leis pero preocúpanos o Lugo que seguirá sendo inaccesible se non se concretan accións a curto, medio e longo prazo; se non se fan plans anuais, coa dotación orzamentaria correspondente, encamiñados a unha accesibilidade progresiva e universal. A Lei de supresión de barreiras arquitectónicas na comunidade autónoma contempla ese aspecto retrospectivo; no Título III figuran as Medidas de Fomento, así que aconsellamos dar unha voltiña polos artigos 60 e 61.

O noso voto será para o programa que procure un entorno e uns servicios concibidos de tal maneira que as persoas con discapacidade vivan en igualdade de condicións que o resto dos cidadáns. Un programa que busque solucións para todos construíndo así unha cidade respectuosa coa diversidade.

E xa para rematar, ¿fíxose algo para que os locais electorais sexan accesibles? ¿poderemos votar todos? Lembren que na urna os votos non se distinguen. Señoras e señores ''alcaldables'': as persoas con discapacidade, como todos, só temos unha vida e non sete como os gatos..., vida que pasamos reivindicando o recoñecemento duns dereitos que non chegamos a gozar. É para pensalo ¿non si?.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES