Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (11)

viernes, 09 de febrero de 2024
O capador de Silva

Afilador
lañador
capador...
Por toda Galicia
la misma canción"

Francisco de Fientosa, 'El trebol de cuatro hojas'.

Que sabemos do capador de Silva? Non é moito, mais non pode quedar no esquecemento aínda que si sabemos que quedarán moitos máis por descoñecemento do que escribe e que todos eles forman parte da nosa historia, da historia da Galiza labrega que tiña que arranxarse como podía, e esa xente fixo grades milagres co Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (11)que sabía, e co que facía, por iso temos que estarlles eternamente agradecidos polo seu traballo que cumprían, moitas veces, sen nada a cambio, e outras, por importes que hoxe serían extremadamente ridículos.

O capador de Silva era un home de estatura media, sempre o vin vestido de traxe e sombreiro, xamais puxo gorra, era moi fino, moi diplomático nos seus xestos e na súa fala. Sempre andaba canda el o seu fillo, que era máis alto ca el. Moi boas persoas os dous.

O pai saía ás feiras e axudaba nos tratos a mercar ou a vender as vacas; se lle dabas un billete verde, axudábache a mercar unha vaca, tamén axudaba aos veciños e aos amigos.

Andaba sempre a cabalo, ademais tiña lugar e bens.

O que isto me conta, viuno menciñar unha vaca en Teixeiro "pero non sei que lle deu nin como o fixo, pero a vaca curou."

O fillo tamén foi capador, pero logo, cando veu a moda de poñer naves de polos, este puxo dúas en Mosteiro e deixou a profesión de capador.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES