Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De novo, o tabaco

martes, 17 de marzo de 2009
Pensábamos que a batalla do tabaco estaba definitivamente gañada pero aínda non é así, dado que se seguen a producir ataques e escaramuzas.

O último, polo de agora, o da Sociedad española de Neumología, da que forman parte tres mil profesionais desta especialidade, pedindo que se prohiba totalmente o uso do tabaco en espazos pechados, especialmente no que se refire ós dedicados ó ocio, restaurantes e bares.

Argúen na defensa da súa petición o de que o tabaco sexa o culpable directo da perda de miles de vidas cada ano, téndose convertido na cuarta causa de morte no estado español.

Preocúpalles de xeito especial a súa incidencia nos nenos, precisamente na etapa na que os pulmóns están desenvolvéndose, e na etapa na que poden afeccionarse ó seu futuro consumo.

O tabaco é dunha banda importante elemento económico con repercusión social tanto no que se refire á súa producción, como -de xeito especial- á súa comercialización e distribución a escala local. É, xa que logo, un elemento para moitos imprescindible en canto á evasión, ós seus efectos calmantes dos nervios e case terapéuticos. Pero tamén é un elemento contaminador e provocador de enfermidades derivadas do paso do fume por canles que naturalmente non están preparadas para este contido.

A Lei vixente establece zonas de fumadores e non fumadores nos establecementos de hostelería. Falta saber se o sentido común e as ansias de defender a saúde van ser preferidos ós diversos intereses relacionados con esta droga legal. E máis tarde ou máis cedo poidamos ver prohibido en todos os lugares públicos o uso do tabaco.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania