Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non son anos para morrer

lunes, 16 de marzo de 2009
Por aquilo de ir sumando anos en cantidade respectable, a un vanlle afectando as mortes de xente moi nova, e aledando os records que algúns resistentes van conseguindo superar. Así, en Guitiriz, puiden ir seguindo as cifras máis que centenarias da matriarca da familia dos Garrido que chegou ós cento sete anos. E aínda que todas as idades permitan superación, a verdade é que esta ou calquera outra similar son idades fermosas para ver o mundo desde unha perspectiva supratemporal.

Os anos de Vitoriano López Felpeto, non. Corenta e nove anos non é idade xusta e lóxica para morrer. Seguro que os poderes que rexen a nosa existencia saben o que fan pero casos coma este fannos dubidar, alomenos momentáneamente, de que as cousas sucedan con lóxica e xustiza neste mundo tolo no que nos colocaron sen contar conozco.

Foron corenta e nove anos de ilusión. E unha desas ilusións tiña que ver coa sétima arte, co que incidía no mesmo campo en que en Lugo os de Fonmiñá estamos a traballar desde hai máis de trinta anos.

Vito quería un cine-club en Guitiriz, para revitalizar a vila. Porque aquí houbo en tempos o Cinema Guitiriz, que un tempo administrou Cosme Iglesias Trevín, na rúa de Luis Espada. Porque sabía que os cine-clubs eran unhas células revolucionarias no mundo da imaxe e na sociedade. En Lugo empezaron así as cousas do cine, co Valle Inclán, co Marcos da Portela, co Círculo das Artes, ata que chegou Fonmiñá con actividades diversas que eclosionaron nas semanas de Cine desde 1979.

Vito quedara tocado polo tema do cine na súa etapa no Colexio Eijo Garay, seguro que na etapa de Manolo Sierto, que resultou ser un armadanzas cultural nun lugar oficialmente pechado que o Director Sierto converteu nun inquedo viveiro de escritores e artistas.

Cando volveu a Guitiriz, axudou a fundar Xermolos. E quixo revitalizar o vello local do cine. Eran os setenta, no que todo parecía posible. Pero había demasiadas forzas en contra, demasiadas dificultades e impedimentos, empezando polo mesmo local. E non foi posible o do cine club, que a pesar da revolución audiovisual que vivimos é unha asignatura pendente para un pobo como Guitiriz.

Perdemos a Vitoriano, do que todos -familia, amigos, Xermolos, Guitiriz...- agardabamos moito. Foise demasiado cedo. Pero deixou lembranza imperecedeira do que esta publicación é a mellor proba.

Era un ilusionado. As artes on as mellores fiestras ou escadas para asomarnos e subir ó mundo da ilusión. El subíu e fíxonos subir moitos chanzos das escadas cara ese mundo. El abriu moitas fiestras polas que daquela, agora e sempre, entraremos nese seu e noso mundo da ilusión.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES