Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de ausencia (1)

jueves, 08 de febrero de 2024
Homenaxe a Salvador García - Bodaño Zunzunegui

Cando Salvador García Bodaño decidiu deixar a presidencia do Ateneo de Santago porque non podía asistir, tal como el quería, á meirande parte das actividades, a asociación nomeouno presidente de honra.

O Ateneo no puidera ter mellor presidente para dar continuidade ao Ateneo anterior, era o elo que os unía, ademais era o poeta de Compostela e traía con el o valor da identidade cultural do país. Enriquecía o Ateneo, por iso costou moito despedido...

E fíxose un libro coa súa xente, cos poetas, mulleres e homes que quixeron entregar un Tempo de ausencia (1)poema de ausencia. Porque Tempo de ausencia fala dos seus libros: Tempo de Compostela (o seu gran canto á cidade) e Cantos de ausencia (as súas elexías). Máis de 40 poetas, 44 poemas que xenerosamente doaron para el. E elaborouse o libro do Ateneo, a homenaxe duradeira de todas as persoas asociadas ao seu presidente de honra. No seu nome, a directiva asinou o prólogo representándoas a todas. Coordinaron a obra: José Manuel González Herrán, Xosé Ramón Pousa e Pilar Sampedro. Contouse coa colaboración de Euloxio R. Ruibal achegando nomes, de Marisa Somoza contactando con algúns deles e, especialmente de Martiña (editora e correctora) que dende a primeira comunicación escrita ata a revisión constante da obra non se separou un instante da iniciativa. A editora Tórculo representada por Jacobo Bermejo e Lucila realizaron un esforzo ímprobo que o Ateneo agradece. Bermejo, cando interveu na presentación do libro tivo ocasión de agradecer o nome da empresa, idea de Salvador, e tamén o xogo que puxeron en pé nun ano das Letras Galegas ao redor dun autor inventado.

O Ateneo agradeu moito as colaboracións dos artistas plásticos que ademais dos versos achegaron imaxes, como foi o caso de Alfonso Costa para a capa (tiña que ser del, despois de terlle posto imaxes a Tempo de Compostela) e o retrato de Soledad Pite que abre a porta ás poesías.

O nome das persoas que entregaron o seu poema é longo, foron aparecendo na pantalla para non alongar demasiado o acto de presentación, pero aquí fanse presentes: Marilar Aleixandre, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Vicente Araguas, Carme Blanco, Ramón Blanco, Marica Campo, Ramón Caride, Xavier Carro, Arturo Casas, Alfonso Costa, Marta Dacosta, Xoán Xosé Fernández Abella, Francisco X. Fernández Naval, Rosalía Fernández Rial, Xosé Lois García, Luís González Tosar, Margarita Ledo, Inma López Silva, Ricardo Martínez-Conde, Alexandre Nerium, Olga Novo, Branca Nonvoneyra, Pilar Pallarés, Emma Pedreira, Ánxeles Penas, Carlos Penela, Mariña Pérez Rei, S. Pite Sanjurjo, Sara Plaza, Carlos Quiroga, Xesúa Rábade Paredes, Baldo Ramos, Claudio Rodríguez Fer, Ana Romaní, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Xaime Toxo, Xulio L. Valcárcel, Eva Veiga, Rafa Vilar, Helena Villar Janeiro, Miro Villar e Olaia e Xulia.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES