Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas e recordos

miércoles, 07 de febrero de 2024
Aula de la UNED Senior Coruña en Momán (Xermade) en la escuela Unitaria.

Encuentro para hablar de la vida de antes y la muerte de las aldeas y su abandono... entrega de diplomas por el alcalde y comida de Fraternidad.

Alumna UNED SENIOR: María del Carmen Rodríguez Bañobre de 87 años:
"Empecei a ir coas vacas desde os 6 anos. Aos 12 xa levaba conmigo a roca e o fuso para fiar a lá, facía os calcetíns para todos os da casa. Con 14 anos andaba nos Lembranzas e recordostraballos maiores: segar, sachar, andar nas fias. De día traballamos e de noite xuntábamonos nunha casa, un día para cada unha, para preparar a lá, facer as tiras para as colchas de trapos, usábamos trapos vellos, preparar os fíos do liño.

"La vida de antes" por Carmen Gómez Pernas de 80 anos:

Nacemento
Eu acórdome cando naceron os dous irmáns. Veu unha veciña a axudar a miña nai, era a parteira. Colleu os críos e non sei ben se os lavou. Envolveunos nun trapo e púxollos ó seu lado.
A continuación, cociñou as sopas de pan con manteiga.
Ós nenos que éramos máis maiores, saíamos fora, non podíamos estar alí, pero mirábamos por donde podíamos.
Lémbrome cando bautizamos a nena máis nova. Choraba moito e o cura, doulle chocolate; un chocolate moi negro e oscuro. A mín levábame a vida, "se mo dera a mín" -pensaba- comía nel máis axiña.

Traballo no campo
Empecei na escola con sete anos, máis ou menos, alá por un mes de novembro. Antes había que sementar o trigo e o centeo; xuntar material para estrar as cortes no inverno; apañar feixes de toxos para facer lume na leira para quentar o forno e facer o pan; e había que esperar a que a nosa nai fixeira as media de lá e os zoqueiros tiveran listos os zocos.
Iba co meu avó a "lindar" as vacas, con nove anos. Logo morreu, entón íbamos os meus irmáns e máis eu, pero sempre un de cada vez. Estábamos sós. Cando chegaba os meses de marzo e abril, había que empezar a quedar polas tardes; chamar as vacas para labrar as terras; lindar as vacas no monte ou deixalas pola corda nalgún campeiro.
Cando chegábamos sa escola, o primeiro que tíñamos que facer era mudar a roupa, para non manchala. Quitar as zocas para que estiveran sempre limpas.
Feito iso, voltába o traballo. Darlle a "encaldada" ás vacas na corte; cocer os nabos e as patacas para os porcos; carretar a agua do río con un pao longo e nos extremos, dous caldeiros cheos de auga no hombro... así tres ou catro viaxes, según fixera falta para cociñar. Para beber íbamos á fonte, que estaba máis lonxe, aínda.
Se había que quedar na casa, sempre nos tocaba as cativas. Miña nai dicía que os homes "tiñan que saber máis para ir á mili". As mulleres, éralles de máis proveito aprender a coser.

Traballar na costura
Recordo os tempos de cando fun coser. Iba a andando desde Xermade. Facíamos desde sábanas, abrigos, roupa interior, etc. Comíamos en durmíamos nas casas nas que cosíamos. Estaba na miña casa o fin de semana, nada máis.

Cavar ó monte
Recordo cando meu pai viña cun grupo de cavadores, para cavar no monte. Sementar o fruto. Cando viñan, había que levarlles comida á roza. Sempre se compraba un queixo grande "de Castilla" para eles, e se ó final sobraba, era para nós.

Lembranzas e recordos
"La vida de antes" por Nieves Filgueiras de 72 anos:
Dixéronme que nacera ó pé da lareira, nun brazado de palla. Alimentábame co leite das vacas. Fun unha nena sa. Xa cando tiven 15 anos, fun plantar pinos no monte, por 10 pesetas ao día porque era menor de idade. Tiña que plantar tanto coma os maiores, pero gañaba menos.
Aprendín as catro regras principais e algo de doutrina.
Despois pasei a traballar na labranza. Coas vacas. Traballando duro na terra; cargando carros de esterco; botando pasto; apañando toxo cun fuiciño no monte.
Pasei de todo... menos fame.
Hoxe teño 72 anos. Desde que estoy matriculada na universidade sénior aprendo moito o que me fai disfrutar. E estou na miña terra.
Gústame xogar ás cartas.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES